Carlos Fernández-Novoa
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1930 A Estrada, España |
Morte | 30 de setembro de 2015 (84/85 anos) A Estrada, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xurista , profesor universitario |
Lingua | Lingua castelá |
Premios
| |
Carlos Fernández-Novoa Rodríguez, nado na Estrada en 1930 e finado no mesmo concello o 30 de setembro de 2015, foi un xurista e catedrático galego, experto en propiedade industrial e propiedade intelectual.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi catedrático de Dereito Mercantil e Industrial da Universidade de Santiago de Compostela entre 1964 e 2000. En 1966 funda a Escola de Dereito Mercantil en España na Universidade de Santiago de Compostela, que foi consolidada no 1974 coa publicación do primeiro número da “Revista Actas de Derecho Industrial”.
Dende 2012, era académico da “Real Academia de Jurisprudencia y Legislación”, unha institución formada por xuristas, catedráticos, maxistrados e notarios de maior peso a nivel español.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- Creación da Cátedra de Innovación e Propiedade Industrial “Carlos Fernández-Nóvoa”, creada pola Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM) e Escola de Organización Industrial (EOI).
- Asesor da firma PONS Patentes y Marcas Internacional e Presidente de Honor do Máster de Propiedade Industrial e Intelectual da Universidade Rey Juan Carlos e a Fundación PONS.
- Premio Montero Ríos de Investigación Social, en 1998
- Doutor Honoris causa pola Universidade de Alcalá de Henares no ano 2010.
- Medalla Castelao da Xunta de Galicia no ano 2015.
- Cruz distinguida de San Raimundo de Peñafort e Presidente do xurado de Autocontrol.
Obras[editar | editar a fonte]
- Fundamentos de Derecho de Marcas (1984)
- El sistema comunitario de marcas (1995)
- Tratado sobre Derecho de Marcas (2001)
- Manual de Propiedad Industrial (2009)
- Jurisprudencia comunitaria sobre marcas (2009)