Caress of Steel
Caress of Steel | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Rush | ||||
Publicado | 24 de setembro de 1975 | |||
Gravación | xullo de 1975 | |||
Estudio(s) | Toronto Sound, Toronto | |||
Duración | 45:04 | |||
Xénero(s) | rock progresivo | |||
Selo(s) | Mercury Records | |||
Produtor | Rush, Terry Brown | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Caress of Steel é o terceiro álbum de estudio da banda canadense de rock Rush, publicado o 24 de setembro de 1975 a través do selo Mercury Records. Foi gravado xusto despois de que o grupo rematase a xira de promoción do seu anterior traballo, Fly by Night, e marcou un desenvolvemento no son da banda, movéndose do estilo hard rock baseado no blues da súa estrea cara o rock progresivo. Temas como "The Necromancer" impulsaron o avance de Rush cara composicións narrativas baseadas na fantasía, mentres que "The Fountain of Lamneth" foi a súa primeira "épica" prog-rock en abarcar toda unha cara do vinilo. Outros temas como "Bastille Day" e "Lakeside Park" convertéronse en elementos básicos dos directo da banda.
Aínda que os membros da banda inicialmente estaban orgullosos do seu traballo en Caress of Steel, o álbum demostrou ser un baixón comercial e de crítica para Rush xa que o son máis escuro e as composicións fantásticas do álbum non conseguiron atopar público e confundiron a algúns dos seus seguidores, poñendo as malas vendas á banda en perigo de ser botados de Mercury. A recepción mediocre impactou nas oportunidades de concertos da banda, o que os levou a bautizar a xira de promoción como Down The Tubes Tour. A pesar de ser visto máis positivamente polos fans da banda en retrospectiva, Ultimate Classic Rock sinalou que o álbum aínda é considerado "a ovella negra do seu catálogo".[1]
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Tódolos temas escritos e compostos por Geddy Lee, Alex Lifeson e Neil Peart, agás onde se indique.
Cara 1 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Escritor(es) | Duración | ||||||
1. | "Bastille Day" | 4:34 | |||||||
2. | "I Think I'm Going Bald" | 3:41 | |||||||
3. | "Lakeside Park" | 4:09 | |||||||
4. | "The Necromancer"
| 12:28 |
Cara 2 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Escritor(es) | Duración | ||||||
1. | "The Fountain of Lamneth"
| 19:57 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Reed, Ryan ReedRyan (2015-09-24). "When Rush Delved Into Prog With 'Caress of Steel'". Ultimate Classic Rock (en inglés). Consultado o 2024-08-05.