Fly by Night
Aparencia
| Fly by Night | ||||
|---|---|---|---|---|
| Álbum de Rush | ||||
| Publicado | 14 de febreiro de 1975 | |||
| Gravación | decembro de 1974 | |||
| Estudio(s) | Toronto Sound, Toronto | |||
| Duración | 37:38 | |||
| Xénero(s) | hard rock, heavy metal | |||
| Selo(s) | Mercury Records | |||
| Produtor | Rush, Terry Brown | |||
| Cronoloxía | ||||
| ||||
| Na rede | ||||
| [ editar datos en Wikidata ] | ||||
Fly by Night é o segundo álbum de estudio da banda canadense de rock Rush, publicado o 14 de febreiro de 1975 a través do selo Mercury Records.[1] Foi o primeiro álbum de Rush en mostrar elementos do rock progresivo polos que a banda se deu a coñecer. Tamén foi o primeiro en contar co letrista e batería Neil Peart, quen substituíra ao batería orixinal John Rutsey o verán anterior, xusto antes da primeira xira norteamericana da banda. Peart convertitíase no principal letrista de Rush, e a abundancia de temas fantásticos e filosóficos nas súas composicións contrastaba moito co hard rock máis sinxelo do álbum de estrea da banda.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Todas as letras escritas por Neil Peart, agás onde se indique.
| Cara 1 | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| N.º | Título | Letras | Música | Duración | |||||
| 1. | "Anthem" | Geddy Lee, Alex Lifeson | 4:21 | ||||||
| 2. | "Best I Can" | Lee | Lee | 3:24 | |||||
| 3. | "Beneath, Between and Behind" | Lifeson | 3:01 | ||||||
| 4. | "By-Tor and the Snow Dog"
| Lee, Lifeson | 8:37 | ||||||
| Cara 2 | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| N.º | Título | Letras | Música | Duración | |||||
| 1. | "Fly by Night" | Lee | 3:18 | ||||||
| 2. | "Making Memories" | Lee, Lifeson | 2:58 | ||||||
| 3. | "Rivendell" | Lee | 4:52 | ||||||
| 4. | "In the End" | Lee | Lee, Lifeson | 6:44 | |||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hung, Steffen. "Rush - Fly By Night". hitparade.ch. Consultado o 2024-08-04.