Carcinoma in situ

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carcinoma in situ.

O carcinoma in situ é o carcinoma que non rompeu a capa basal e, por iso, non se estendeu. O concepto ten un interese especial xa que se considera que os cancros in situ son susceptibles de ser curados cunha sinxela extirpación tumoral.

Cancro "in situ"[editar | editar a fonte]

Enfermidade crónico dexenerativa, caracterizada por un crecemento descontrolado de células derivadas de tecidos hormonais que forman un tumor e que non presenta a propagación de células malignas dende o sitio de orixe até sitios diferentes.