Saltar ao contido

Captain America

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Captain America
 Instancia de
Obra
 Primeira aparición
 Universo ficticio
 Creador/a
Biografía
 Lugar de nacemento
 Sexo
Actividade
 Ocupación
Identificadores
VIAF107200803 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/025dp Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
Twitter: CaptainAmerica Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Captain America (en galego, Capitán América) é un personaxe de cómic creado en setembro de 1940 por Joe Simon, Jack Kirby e Martin Goodman para a revista Timely. Sendo os tres xudeus, pensaron na creación dun superheroe que combatese a Adolf Hitler no bando dos aliados (os EUA aínda non entraran na contenda).

Primeira época

[editar | editar a fonte]

No nº1 de Captain America Comics, aparecían tamén o seu compañeiro Bucky e o malvado Cranio Vermello.[1] Ese primeiro número saíu á venda o 20 de decembro de 1940. A boa acollida do público fixo que Kirby e Simon contrataran outro guionista: Stanley Martin Lieber, quen co tempo sería o inspirador e verdadeira álma máter do Universo Marvel. O derradeiro número desta saga apareceu en 1950 (era o número 75).

A mediados dos anos 50, aparecerían tres números máis de Captain America Comics (do nº76 ó nº78).

Na Era Marvel dos cómics

[editar | editar a fonte]

A principios dos 60, o dúo Stan Lee e Jack Kirby comezaron a Era Marvel dos cómics coas aventuras dos 4 fantásticos. Aproveitaron para volver a lanzar os éxitos da idade de ouro da revista Timely: Namor, a Tea Humana e por suposto o Capitán América. No Strange Tales nº114 (1963), un dos compoñentes dos 4 fantásticos atópase de súpeto co Capitán América, pero este en realidade é o Acróbata, que se disfraza do Capitán para cometer crimes.

O verdadeiro Capitán América volvería definitivamente ós quioscos no número 4 USA dos Vingadores (novembro de 1964). Kirby e Lee decidiron darlle unha colección propia dentro dos Tales of Suspense. Nesa colección de historias curtas, compartía aventuras co Home de Ferro.

Notas e referencias

[editar | editar a fonte]
  1. "Ficha do personaxe na web de Marvel Comics". Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2011. Consultado o 10 de agosto de 2011.