Os Vingadores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Avengers")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Os Vingadores é un grupo de superheroes do Universo Marvel, creado por Stan Lee, formado por Iron Man (Home de Ferro), Thor (fillo de Odín), O Home Formiga, A Avespa (noiva do Home Formiga) e mailo Capitán América.

Sendo este o grupo orixinal, os Vingadores son un escaparate dos superheroes máis populares do Universo Marvel. Continuamente hai novas incorporacións o grupo. Ademais, non é un grupo estable, como os 4 fantásticos, senón que só se une ante unha ameaza para a humanidade que non poida ser resolta por un superheroe en solitario. Teñen o seu centro de operacións na cidade de Nova York.