Capharnaüm
Capharnaüm | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | کفرناحوم |
Director | Nadine Labaki |
Produtor |
|
Guión |
|
Intérpretes |
|
Música | Khaled Mouzanar |
Fotografía | Christopher Aoun |
Montaxe |
|
Estudio | Mooz Films |
Distribuidora | Sony Pictures Classics[1] |
Estrea | Festival de Cannes: 17 de maio de 2018 20 de setembro de 2018 |
Duración | 126 minutos[2] |
Orixe | Líbano |
Xénero | Drama |
Orzamento | 4 millóns de dólares |
Recadación | 68,6 millóns de dólares[3] |
Na rede | |
https://sonyclassics.com/capernaum/ | |
|
Capharnaüm (en árabe: کفرناحوم) é un filme libanés de 2018 dirixido por Nadine Labaki e producido por Khlaed Mouzanar. O guión foi escrito por Labaki, Jihad Hojaily e Michelle Keserwany a partir dunha historia de Labaki, Hojaily, Keserwany, Georges Khabbaz e Khaled Mouzanar. Está protagonizado polo refuxiado sirio e actor infantil Zain Al Rafeea, no papel de Zain El Hajj, un neno de doce ano que vive nos suburbios de Beirut. O filme ten unha narrativa en formato flashback que se centra na vida de Zain e o seu encontro coa inmigrante etíope Rahil e o seu bebé Yonas, así como o seu intento de demandar ós seus pais por neglixencia infantil.
Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2018, onde foi escollido para competir pola Palma de Ouro,[4][5] e gañou o Premio do Xurado.[6][7] O filme recibiu unha ovación de 15 minutos despois da súa estrea en Cannes o 17 de maio de 2018.[8] Sony Pictures Classics, que anteriormente distrubuíra o filme de Labaki W halla' la wayn, mantivo os dereitos de distribución en América do Norte e Latinoamérica, mentres que Wild Bunch obtivo os dereitos internacionais.[9] A súa estrea nos cinemas realizouse o 20 de setembro de 2018.
O filme conseguiu a aclamación da crítica, en particular á dirección de Labaki, á interpretación de Al Rafeea e ó "realismo de estilo documental".[10] Nunha recensión de The New York Times, escrita por Manohla Dargis e A. O. Scott, foi considerado un dos mellores filmes de 2018.[11] Foi nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 91ª edición dos premios.[12]
Capharnaüm é o filme árabe e de Oriente Medio con maior recadación da historia, logo de conseguir 68 millóns de dólares en todo o mundo sobre un orzamento de 4 millóns. Tivo un especial éxito na China, onde se converteu no éxito sorpresa con máis de 54 millóns de dólares.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Zain, un neno de 12 anos dos barrios marxinais de Beirut cumpre unha condena de cinco anos de prisión por apuñalar un home. Nin Zain nin os seus pais saben a súa data exacta de nacemento porque nunca recibiron un certificado oficial de nacemento. Zain é levado ante un tribunal, despois de decidir emprender accións civís contra os seus pais, Souad e Selim. Cando o xuíz lle pregunta por que quere demandar os seus pais, Zain respóndelle "porque nacín", expresando que son os principais responsables da súa dura infancia e da súa vida conflitiva e caótica.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Zain Al Rafeea como Zain El Hajj
- Yordanos Shiferaw como Rahil (tamén coñecida como Tigest)
- Boluwatife Treasure Bankole como Yonas
- Kawthar Al Haddad como Souad
- Fadi Kamel Youssef como Selim
- Nour el Husseini como Assad
- Alaa Chouchnieh como Aspro
- Cedra Izam como Sahar
- Nadine Labaki como Nadine
- Joseph Jimbazian como Mr. Harout (tamén coñecido como Cockroach Man)
- Farah Hasno como Maysoun
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Keslassy, Elsa (10 de maio de 2018). Variety, ed. "Sony Pictures Classics Nabs Nadine Labaki’s Palme d’Or Contender ‘Capernaum’". Consultado o 17 de maio de 2018.
- ↑ British Board of Film Classification (ed.). "Capernaum (2018)". Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2019. Consultado o 27 de febreiro de 2019.
- ↑ "Cafarnaúm (2018) - Financial Information". The Numbers. Consultado o 26 de maio de 2019.
- ↑ Cannes (ed.). "The 2018 Official Selection". Consultado o 12 de abril de 2018.
- ↑ Variety (ed.). "Cannes Lineup Includes New Films From Spike Lee, Jean-Luc Godard". Consultado o 12 de abril de 2018.
- ↑ Steve, Pond (19 de maio de 2018). SF Gate, ed. "‘Shoplifters’ Wins Palme d’Or at 2018 Cannes Film Festival". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2018. Consultado o 19 de maio de 2018.
- ↑ Debruge, Peter (19 de maio de 2018). Variety, ed. "2018 Cannes Film Festival Award Winners Announced". Consultado o 20 de maio de 2018.
- ↑ Sharf, Zack; Sharf, Zack (17 de maio de 2018). "Nadine Labaki’s ‘Capernaum’ Earns Massive Cannes Standing Ovation and Instant Palme d’Or Winner Predictions".
- ↑ Keslassy, Elsa; Keslassy, Elsa (10 de maio de 2018). "Sony Pictures Classics Nabs Nadine Labaki’s Palme d’Or Contender ‘Capernaum’".
- ↑ "Capernaum (Capharnaüm) (2018)". Rotten Tomatoes. Consultado o 9 de xaneiro de 2019.
- ↑ The New York Times (ed.). "Best Movies of 2018". Consultado o 27 de febreiro de 2019.
- ↑ BBC News (ed.). "Oscars 2019: The nominees in full". Consultado o 22 de xaneiro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes do Líbano propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 91ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Capharnaüm na IMDb (en inglés).