Cannabis ruderalis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

As Cannabis Sativas Ruderalis son plantas polo xeral pequenas e teñen a característica de non depender do fotoperíodo para florecer. Tamén cabe destacar unha menor concentración en THC e CBD.

Referente ao seu interese na cannabicultura, é apreciada porque se utiliza para facer xenéticas e experimentar así coas súas vantaxes, comprobando as súas propiedades e os posibles trazos favorables das xeracións sucesivas. É posible cruzalas con variedades índicas ou sativas, de maior psicoactividade, obtendo plantas de alto contido en THC cun período de crecemento e floración moi curto. As plantas conseguidas con estes cruces reciben o nome de "autoflorecentes" (florecen por idade non polas horas de luz que reciban) como por exemplo as variedades Lowrider o White Dwarf.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]