Canelé
Canelé | |
---|---|
![]() | |
Tipo | Doce, biscoito |
Subclase de | repostaría ![]() |
Orixe | |
País de orixe | Francia ![]() |
Composto por | |
Composto por
| |
Contacto | |
TasteAtlas | ![]() |
[ Wikidata ] |
O canelé, canelat en gascón, é un biscoito caramelizado propio da repostaría de Bordeos.[1] Un longo tempo de cocción aporta ao canelé unha cor marrón escurecida e un exterior crocante.[2]
Ingredientes
[editar | editar a fonte]Cunha receita a base de fariña, azucre, manteiga e ovos, será despois cada mestra ou mestre reposteiro/a a que lle acabará dando o seu toque persoal con outros ingredientes, existindo as versións con ou sen ron ou vainilla. A decoración da forma do corpo do canelé é sempre tubular.[3]

Orixes e tradicións
[editar | editar a fonte]O doce data cunha idade de aproximadamente 300 anos e con rexistros variados sobre o comezo da súa preparación no sur de Francia. Chefs como Jean-Marie Amat documentan o canelé como unha continuación da sobremesa local máis antiga das millas preparada a base de xemas de ovo e fariña de millo. En suma, dúas versións populares apuntan a súa orixe, unha ás monxas do convento de Santa Eulalia que crearon o canelé aproveitando as xemas de ovo doadas polos viticultores que empregaban só as claras para clarificar o viño. A segunda indica aos habitantes dos vales do río Garona que reciclaban fariña que caía dos barcos mercantes e producían o doce que posteriormente se repartía gratuitamente na vila.
A autora Dorie Greenspan investiga a posibilidade común na cociña da descuberta da receita en base a un erro, similar á orixe do Tatin, xa que a apropiada crema esquecida ao lume resultaría nunha mestura cunha coroa natural que trisca ao xeito do moderno canelé.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Canelé, orixe" (en inglés).
- ↑ "Canelé, cocción"(en inglés)
- ↑ "Canelé,versións" Arquivado 01 de marzo de 2019 en Wayback Machine.(en inglés)
- ↑ "Canelé, historia"