Cancro de ovario
Cancro de ovario | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Tumor mucinoso de ovario visto baixo o microscopio. | |
DiseasesDB | 9418 |
MedlinePlus | 000889 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
O cancro de ovario é un tumor maligno que nace en calquera das partes do ovario. O ovario é un órgano moi complexo que pode ser asento de numerosos tumores de moi distinto rango morfolóxico, algúns dos cales están dotados de función hormonal, o que xustifica a gran variedade de clasificacións. A localización máis frecuente é no epitelio que recobre o ovario.[1] Tamén se desenvolve a partir das células xerminais ou do tecido conectivo arredor do ovario.[2] O risco de padecer cancro de ovario relaciónase directamente con anomalías nos xenes BRCA1 e BRCA2.[3] Polo xeral, o cancro de ovario non produce síntomas.[4] É por isto que a maioría dos casos detéctanse cando a doenza xa está avanzada e continuada, pero se se detecta en etapa temperá pode mellorar o prognóstico.[5]
Epidemioloxía
[editar | editar a fonte]Ten unha alta incidencia nos países industrializados de Europa Occidental, Israel, o Canadá e os Estados Unidos. É o sexto tumor maligno máis frecuente nas mulleres tralo de cancro de mama, intestino groso, pulmón, útero e linfomas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ [1] accessed from VU University medical center, Amsterdamhttp://dare.ubvu.vu.nl/handle/1871/9013
- ↑ [2] http://www.cancerhelp.org.uk/type/ovarian-cancer/about/types-of-ovarian-cancer
- ↑ Robert C. Young. "Ch. 83, Gynecologic Malignancies". En Jameson JN, Kasper DL, Harrison TR, Braunwald E, Fauci AS, Hauser SL, Longo DL. Harrison's principles of internal medicine (16th ed.). McGraw-Hill Medical Publishing Division. ISBN 0-07-140235-7. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2014. Consultado o 10 de xullo de 2018.
- ↑ Goff BA, Mandel L, Muntz HG, Melancon CH. "Ovarian carcinoma diagnosis" (10). PMID 11066047. doi:10.1002/1097-0142(20001115)89:10<2068::AID-CNCR6>3.0.CO;2-Z.
- ↑ [3] http://umm.edu/health/medical/reports/articles/ovarian-cancer#ixzz31eipZAwD