O Campo de Fútbol Cardeal Quiroga é un recinto deportivo situado en Maceda e que serve como lugar de xogo ao CD Maceda.
O seu terreo de xogo é de terra cunhas dimensións de 100 x 62 metros[1]. Ten dúas bancadas laterais, parcialmente cubertas e tamén un bar dentro do recinto. Está situado ao leste da vila macedá, na saída cara a Montederramo. Foi Inaugurado a mediados da década de 1950 como consecuencia da creación do club de fútbol local en 1953, leva o nome do cardealgalegoFernando Quiroga Palacios.
O 17 de xullo de 2014 máis dun cento de veciños da comarca se manifestaron perante as sedes dos organismos públicos provinciais e autonómicos en Ourense para esixir melloras nunhas instalacións que son empregadas tamén por xente de concellos limítrofes a Maceda[2]. A comezos 2016 foron iniciadas as obras[3].