Campo da Compañía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°31′04″N 7°30′59″O / 42.517772, -7.5165203

Campo da Compañía
O Campo da Compañía coa fachada do Colexio da Nosa Señora da Antiga detrás.
Tipoloxíapraza
Localización
LocalidadeMonforte de Lemos

O Campo da Compañía é a praza máis importante da vila de Monforte de Lemos, na provincia de Lugo.

Características[editar | editar a fonte]

A cara oeste da praza está presidida pola fachada principal do Colexio da Nosa Señora da Antiga, que alberga actualmente o Colexio dos Escolapios e foi fundado polo cardeal Rodrigo de Castro.[1] A praza adquiriu o nome da Compañía pola Compañía de Xesús, á que o cardeal encomendou esta fundación.

A praza está formada por unha grande explanada de pedra, zonas verdes e árbores, un parque infantil e unha pista polideportiva. Está delimitada pola rúa Escultor Francisco Moure ao nordés e polo Paseo de Lugo ao sur, e á praza chegan as rúas Cardeal Rodrigo de Castro, Historiador Dalmiro de la Válgoma, Reboredo, Duquesa de Alba, Carude e Acea Nova.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Museos de Galicia. "Museo de Nosa Señora da Antiga". Consultado o 13 de novembro de 2019. 
  2. "Mapa turístico de Monforte de Lemos" (PDF). Concello de Monforte de Lemos. Consultado o 13 de novembro de 2019.