Selección de hóckey a patíns masculina de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francia
A selección no mundial de 2007.
Cores do equipo Cores do equipo Cores do equipo
Cores do equipo
Cores do equipo
Na casa
Cores do equipo Cores do equipo Cores do equipo
Cores do equipo
Cores do equipo
Fóra
Federación Fédération Française de Roller Skating
Confederación: CERH
Adestrador: Fabien Savreux
Capitán:
Títulos mundiais
Mundial "A" -
Mundial "B" 1984 e 1994

A selección de hóckey a patíns masculina de Francia é o equipo que representa a Francia nas competicións internacionais de hóckey a patíns en categoría masculina. A Federación Francesa fundouse en 1910.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A traxectoria internacional de Francia comezou cos primeiros Campionatos de Europa non oficiais de 1924 e 1925, e coas súas 46 participacións nos europeos é a terceira selección que máis veces disputou este campionato por detrás de Inglaterra e Suíza con 47 participacións cada unha. Francia viviu unha etapa dourada nos Campionatos de Europa nos primeiros anos da competición, cando conseguiu subir sete veces ao podio nas sete primeiras edicións, cinco desas veces para colgarse a medalla de prata (1926, 1927, 1928, 1930 e 1931) e dúas veces a medalla de bronce (1929 e 1932). Porén, dende o último bronce de 1932 a selección gala atravesou unha etapa na que non foi quen de chegar ás semifinais e que se prolongaría ata o Campionato de Europa do 2000 disputado en Wimmis (Suíza), cando a selección francesa conseguiu chegar novamente ata as semifinais e converterse na cuarta selección de Europa, repetindo posto no 2002 e no 2008, aínda que o mellor resultado do equipo francés chegou no Campionato de Europa disputado en Wuppertal (Alemaña), no que Francia volveu subir ao podio e colgarse a medalla de bronce.

Francia non realizou ningunha actuación destacable nos Campionato do Mundo "A", no que nunca conseguiu chegar ás semifinais, mais posúe dous títulos do Campionato do Mundo "B" conseguidos nos anos 1984 e 1994 tras vencer na final ás seleccións de Bélxica e Angola respectivamente, ademais nesta mesma competición conseguiu un segundo posto en 1992 tras perder na final fronte á selección de Andorra.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Equipo[editar | editar a fonte]

Estes foron os xogadores convocados para o Europeo de Wuppertal (Alemaña) de 2010[1]:

NOME POSICIÓN
1 Benoît Rainteau Porteiro
2 Anthony Weber Defensa
3 Sébastien Furstenberger Defensa
4 Guirec Henry Defensa
5 Florian Tessier Defensa
6 Kévin Guilbert Dianteiro
7 Nicolas Guilbert Dianteiro
8 Florent David Dianteiro
9 Olivier Lesca Dianteiro
10 Olivier Gelebart Porteiro

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2010. Consultado o 12 de febreiro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]