Campa da Cruz de Edderton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Caras oeste (esquerda) e leste (dereita) da laxe.

A Campa da Cruz de Edderton é unha laxe de orixe picta que se atopa no camposanto da igrexa de Edderton, no norte de Escocia.

Características[editar | editar a fonte]

As laxes pictas son o principal monumento histórico que se conserva na actualidade dese pobo, habitantes de Escocia entre o século VI e o X aproximadamente. Se ben non se sabe con certeza cal era a función das laxes, crese que tiñan un obxectivo memorialístico e que estaban dalgunha forma relacionado coa estrutura clánica da súa sociedade.

A campa da Cruz de Edderton é unha laxe de clase 3, é dicir, non presentan símbolos propiamente pictos e veñen adoito marcadas cunha cruz. Son as máis serodias, e dátanse entre o século VIII e o IX. Está feita de arenita vermella e mide 1,90 m de alto, 69 cm de largo e de 20 a 12 cm de fondo, máis grosa na base ca no cumio [1]. . Na cara que dá ao oeste está esculpida unha cruz celta. A que dá ao leste está dividida en dúas metades. Na superior hai outra cruz céltica, de menor tamaño, sobre un arco, mentres que na metade inferior e baixo o arco está representado un cabaleiro de a cabalo en primeiro plano, co esquema de dous cabaleiros máis no fondo.

Aparentemente o conxunto debeu estar formado por tres campas, das que só se conserva esta. Pedazos das outras dúas, en mal estado de conservación, gárdanse no veciño museo de Tain. A diferenza de cor que se observa na arenita débese a que estivo enterrada máis profundamente ata que de recente se recuperou ata a posición presumiblemente orixinal.

Localización[editar | editar a fonte]

A campa da Cruz de Edderton áchase no camposanto da igrexa de Edderton, ao pé da estrada que vai cara Ardgay (dirección noroeste), logo de pasar o cruzamento da vila de Edderton, e antes de chegar ao casal de Craigroy.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Allen, J.R. e Anderson, J. The early Christian monuments of Scotland: a classified illustrated descriptive list of the monuments with an analysis of their symbolism and ornamentation, Edinburgh, pt. 3, 83-4, (1903)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía sobre o tema[editar | editar a fonte]

  • MacNamara, Ellen, The Pictish Stones of Easter Ross, (Tain, 2003)