Camiño a Los Yungas

O Antigo camiño ós Yungas, tamén coñecido como Camiño da Morte, é unha estrada ciclista de case 80 km de extensión, que une a cidade de A Paz e a rexión dos Yungas, ó nordés do departamento, antes da construción do tramo Cotapata-Santa Bárbara esta sección da vía foi parte da Ruta 3 da rede viaria fundamental de Bolivia. No presente, o seu uso está reservado ó ciclismo.
Ten moita sona polo seu perigo extremo e o número de mortes en accidentes de tránsito cada ano, (unha media de 209 accidentes e 96 persoas mortas ó ano).[1] En 1995 o Banco Interamericano de Desenvolvemento bautizouno como o camiño máis perigoso do mundo, e as características da ruta convertérona nun destino turístico moi frecuente.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]Parte desta estrada foi construída con man de obra de prisioneiros paraguaios, durante a guerra do Chaco na década de 1930. Foi parte dunha das poucas rutas que conectan a selva amazónica do norte do país, coa urbe paceña.
Por mor das súas pendentes pronunciadas, cun ancho dun só carril (3 m nalgúns lugares), e a falta de gardarraís, este camiño tornábase extremadamente perigoso.
Ademais, na zona son habituais a choiva e a néboa, que diminúen notablemente a visibilidade, o chan enlamado e as pedras soltas que caen dende as montañas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La ‘carretera de la muerte’". El País Internacional.
- ↑ "The world's most dangerous road". BBC News.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Camiño a Los Yungas ![]() |