Caio Xulio Lacer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCaio Xulio Lacer
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro civil Editar o valor em Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor em Wikidata
A ponte de Alcántara, obra mestra de Caio Xulio Lacer.
Templete romano no lado sur onde está enterrado Caio Xulio Lácer.

Caio Xulio Lacer foi un arquitecto romano que viviu en tempos do emperador Traxano. A súa obra mestra foi a ponte de Alcántara sobre o río Texo, próximo á localidade de Alcántara, na provincia de Cáceres (España). Esta ponte erixiuse entre os anos 104 e 106 e consta de seis arcos de desigual altura, os cales descansan en cinco piares que tamén presenta, á súa vez, distintas alturas sobre un terreo de rocha achandada de lousa. Existe un fornelo conmemorativo cun arco de triunfo superior no centro da ponte cunha altura de 10 m, denominado de Traxano. A ponte está feita de perpiaños de almofada de rocha granítica, sen argamasa, de entre 45 e 50 cm de grosor.

Aos pés da ponte hai un templete romano no que está enterrado o arquitecto[1], e que na Idade Media foi cristianizado co nome de san Xulián.[2] Daquela, tamén se lle engadiu unha espadana e unha cruz apoiada sobre catro caveiras de granito.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diccionario histórico o Biografia universal. Vol. VIII. Barcelona: Imprenta de Oliva. 1832. p. 280. 
  2. Arenas Dorado, Sagrario. "Lacer, Cayo Julio (s. I)". mcnbiografias.com (en castelán). Consultado o 20 de abril de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]