Cadel Evans Great Ocean Road Race 2018

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cadel Evans Great Ocean Road Race
164 km
Gañador Australia Jay McCarthy
Segundo Italia Ella Viviani
Terceiro Daryl Impey
2017———————————2019

A Cadel Evans Great Ocean Road Race 2018 foi unha carreira ciclista dun día disputada o 28 de xaneiro de 2018 en Australia. Esta foi a cuarta edición da Cadel Evans Great Ocean Road Race e a segunda proba do UCI World Tour 2018.[1][2]

O corredor australiano Jay McCarthy (Bora–Hansgrohe) liderou un selecto grupo de 24 corredores do que obtivo a vitoria,[3] por diante do italiano Elia Viviani (Quick-Step Floors Team), mentres que o recente gañador surafricano do Tour Down Under 2018 Daryl Impey (Mitchelton–Scott), que tamén continuaba líder do ránking do World Tour.

Percorrido[editar | editar a fonte]

Ruta desta edición

O trazado da proba consistiu nunha primeira parte duns 100 km en ruta seguidos de 4 voltas a un circuíto arredor da cidade de Geelong, lugar onde tamén estaba a saída. Ese circuíto urbano contaba cun repeito de 1,5 km ao 7%. En total, a carreira tivo unha distancia de 164 km. Parte do percorrido tamén foi común ao empregado nos Campionatos do Mundo de Ciclismo en Ruta de 2010 que tiveran lugar en Melbourne.

Equipos[editar | editar a fonte]

Como a carreira foi engadida ao calendario do UCI World Tour no 2017, tódolos UCI WorldTeams foron invitados á proba, pero non obrigados a correr nela. Como resultado destas decisións, 12 dos 18 WorldTeams competiron na Great Ocean Road Race[4], 4 menos ca na edición anterior. Tres equipos Profesionais Continentais competiron – tamén un menos que no 2017. Ademais, unha selección nacional australiana completou o pelotón de 16 formacións.

UCI WorldTeams[editar | editar a fonte]

Equipo País Código
AG2R La Mondiale Francia ALM
BMC Racing Team Estados Unidos de América Estados Unidos BMC
Bora-Hansgrohe Alemaña Alemaña BOH
Team Dimension Data Sudáfrica Suráfrica DDD
Team Katusha-Alpecin Suíza Suíza KAT
LottoNL-Jumbo Países Baixos Países Baixos TLJ
Lotto-Soudal Bélxica Bélxica LTS
Mitchelton-Scott Australia Australia ORS
Quick-Step Floors Bélxica Bélxica QST
Team Sky Reino Unido Reino Unido SKY
Team Sunweb Alemaña Alemaña SUN
Trek-Segafredo Estados Unidos de América Estados Unidos TFS

Equipos invitados[editar | editar a fonte]

Equipo País Código
Aqua Blue Sport Irlanda Irlanda ABS
Israel Cycling Academy Israel ICA
Roompot–Nederlandse Loterij Países Baixos Países Baixos ROO
Selección nacional Australia Australia

Clasificación[5][editar | editar a fonte]

Pos Ciclista Dorsal Equipo Tempo Pts
Australia Jay McCarthy 14 Lotto-Soudal 4 h 04' 00" 300
Italia Ella Viviani 31 Quick-Step Floors m.t. 250
Daryl Impey 61 Mitchelton-Scott m.t. 215
Bélxica Dries Devenyns 32 Quick-Step Floors m.t. 175
Australia Simon Gerrans 41 BMC Racing Team m.t. 120
Alemaña Niklas Arndt 1 Team Sunweb m.t. 115
Australia Steele Von Hoff 153 Australia m.t. 95
Países Baixos Maurits Lammertink 84 Team Katusha-Alpecin m.t. 75
Italia Enrico Battaglin 106 LottoNL-Jumbo m.t. 60
10º Dinamarca Lars Bak 91 Lotto-Soudal m.t. 50
11º Países Baixos Robert Gesink 101 LottoNL-Jumbo m.t. 40
12º Owain Doull 22 Team Sky m.t. 35
13º Francia Pierre Latour 71 AG2R La Mondiale m.t. 30
14º Países Baixos Koen de Kort 52 Trek-Segafredo m.t. 25
15º Bélxica Maarten Wynants 102 LottoNL-Jumbo m.t. 20

Carreira feminina[editar | editar a fonte]

Un día antes da carreira masculina, o 27 de xaneiro, disputouse a carreira feminina. Cos mesmos lugares de saída e chegada que os homes, as féminas facían un percorrido de case 110 km ata alcanzar o porto de Geelong.

Clasificación[6][editar | editar a fonte]

As 5 primeiras corredoras en meta foron as seguintes:

Pos Ciclista Dorsal Equipo Tempo Pts UCI
Australia Chloe Hosking 31 Ale-Cipollini 3 h 15' 54" 125
Australia Gracie Elvin 4 Mitchelton-Scott m.t. 85
Italia Giorgia Bronzini 42 Cylance m.t. 70
Francia Audrey Cordon-Ragot 25 Wiggle High5 m.t. 60
Polonia Katarzyna Pawlowska 83 Team Virtu m.t. 50

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. "UCI anuncia calendario ruta 2018". Cycling News. Consultado o 2 de abril de 2018. 
  2. "UCI confirma calendario WorldTour". Velon. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2017. Consultado o 2 de abril de 2018. 
  3. Marshall-Bell, Chris (28 de xaneiro de 2018). "Jay McCarthy convertese no primeiro australiano en gañar a Cadel Evans Great Ocean Road Race". Consultado o 2/4/2018. 
  4. "12 WorldTour teams for 2018 Cadel Evans Road Race". CyclingNews. Consultado o 2 de abril de 2018. 
  5. "McCarthy wins 2018 Cadel Evans Great Ocean Road Race". CyclingNews. Consultado o 2 de abril de 2018. 
  6. "Clasificación feminina". UCI. Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2018. Consultado o 08 de abril de 2018. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]