A Cadeira Vermella e Azul, orixinalemente en holandés, Rot-blauer Stuhl, é unha cadeiradeseñada en 1917 por Gerrit Rietveld. Representa unha das primeiras exploracións do movemento artístico De Stijl nas tres dimensións. Non se pintou coas súas distintivas cores ata principios da década de 1920. Existen varias versións da cadeira e atópase en varias coleccións.
A cadeira orixinal foi construída con madeira de faia[1] sen vernizar e non foi pintada de vermello, azul, amarelo e negro ata arredor do 1923.[2][3] O arquitecto e membro de De Stijl, Bart van der Leck, viu o modelo orixinal e suxeriu engadir cores brillantes,[4] construíu o novo modelo de madeira máis fina e pintouno completamente de negro con zonas de cores primarias atribuídas ao movemento De Stijl. O efecto deste esquema de cores fixo que a cadeira parecese case desaparecer contra as paredes e o chan negros da Casa Rietveld Schröder, onde foi colocada máis tarde.[2] As áreas con cor parecían flotar, dándolle unha estrutura case transparente. [4]
Unha versión da cadeira foi vendida por Christies en 2011 por 10.625 euros.[5]