Saltar ao contido

Cadeia da Relação

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cadeia da Relação
A fachada principal do edificio.
Tipomuseu de fotografia (pt) Traducir e patrimonio cultural Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 41°08′41″N 8°36′57″O / 41.144626, -8.615831
EstadoPortugal
DistritosDistrito do Porto
ConcelloPorto
FreguesíaCedofeita, Santo Ildefonso, Sé, Miragaia, São Nicolau e Vitória Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónVitória, Porto, Portugal Portugal
RúaCampo dos Mártires da Pátria e Rua de São Bento da Vitória (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EnderezoCampo dos Mártires da Pátria Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Propietario/aCentro Portugués de Fotografía
OcupanteCentro Português de Fotografia (pt) Traducir e Tribunal da Relação do Porto (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Id. catálogoMonumento nacional
Monumento nacional de Portugal
Identificador74506

Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Europa-América do Norte
Data?, Criterios de Patrimonio da Humanidade: (iv) Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

A Cadeia da Relação (en galego: Cadea da Relación) é un edificio histórico situado na cidade do Porto, en Portugal, clasificado como monumento nacional.[1][2]

Instalacións anteriores

[editar | editar a fonte]

Creado o 27 de xullo de 1582, o Tribunal da Relación do Porto, por falta das instalacións propias, comezou por funcionar na Antiga Casa da Cámara, instalada na Rua de São Sebastião (Rúa de San Sebastián), no edificio que por este motivo, pasou tamén a ser coñecido por Pazo da Rolaçon. Uns anos máis tarde, o Tribunal foi transferido para o palacio dos Condes de Miranda, onde permaneceu ata o ano de 1608, no desaparecido Largo do Corpo da Guarda (Praza do Corpo da Garda), que ficaba na cima da rúa que aínda existe con esta denominación. Os xuíces eran obrigados a usar barba larga e a non facer visitas.[3]

A Relación mantívose en actividade, sen sede propia, durante máis de vinte anos. Con efecto, foi só en 1603 que Filipe II ordenou que fose construída unha casa para recibir a Relación e a Cadea. Tamén esta sufría do mal do Tribunal: a falta de instalacións.

Andou, primeiro, pola Albergaria dos Palmeiros (1461), que ficaba preto da actual Rua de São João (Rúa de San Xoán); aparece referenciada en 1490 nunha cabana entre as rúas Chã das Eiras e de Santo António do Penedo, nunha arteria que aínda hai pouco se chamaba Travessa da Cadeia (Travesa da Cadea); despois instalouse (1504) nunha casa xunto á catedral e máis tarde nos baixos da Casa da Cámara.

A orde de Filipe II, con todo, só comezou a ser cumprida en xullo de 1606, cando baixo a dirección do corrixidor Manuel Sequeira Novais, as obras no Campo do Oliveiral foron iniciadas. Os traballos duraron tres anos e foron pagos, en gran parte, con diñeiros provenientes das remisións dos desterros para África. Isto é, quen era condenado a desterro para a 'costa de África' podía pagar unha determinada contía, rescatando a pena que cumpría acá.

O edificio, considerado enorme, custou tanto diñeiro que durante o tempo da súa construción non foron feitas máis obras na cidade. Con todo, debe ter sido mal construído porque o 1 de abril de 1752, no Sábado Santo, esborrallou por completo e a Relación regresou ás instalacións da Cámara Municipal.

Edificio actual

[editar | editar a fonte]
  1. Direção-Geral do Património Cultural (ed.). "Cadeia e Tribunal da Relação do Porto". Sistema de Informação para o Património Arquitetónico (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2019. Consultado o 24 de febreiro de 2018. 
  2. "Cadeia da Relação do Porto classificada monumento nacional". Jornal de Notícias (en portugués). 5 de xaneiro de 2017. 
  3. Maria José Moutinho Santos e Margarida Santos Coelho (1993). Edições ASA, ed. O Palácio da Relação e Cadeia do Porto (en portugués). Porto. ISBN 978-972-41-1131-5.