Cadea J

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Inmunoglobulina M (IgM) pentámera (formada por 5 unidades e unha cadea J).
1: unidade básica.
2: cadea pesada das inmunoglobulinas.
3: cadea lixeira das inmunoglobulinas.
4: cadea J.
5: pontes disulfuro intermoleculares.
Inmunoglobulina IgA dímera (consta de dúas unidades, unha cadea J e un compoñente secretor).
1: cadea pesada.
2: cadea lixeira.
3: cadea J.
4: compoñente secretor.

A cadea J é un compoñente proteico dos anticorpos IgM e IgA.[1] Trátase dun polipéptido de 137 residuos de aminoácidos,[2], que nos humanos está codificado no xene IGJ do cromosoma 4.[3][4][5] O seu nome procede do inglés joining chain, cadea de unión.

Estrutura[editar | editar a fonte]

O peso molecular da cadea J é de aproximadamente 15 kDa e consta de 137 residuos de aminoácidos. Presenta unha estrutura de pregamento de inmunoglobulina estándar de dúas láminas β-pregadas de catro fitas dobradas unhas sobre as outras. Ten 8 residuos de cisteína. Dous destes residuos únense coa cadea pesada α da IgA ou coa cadea pesada μ da IgM por medio de pontes disulfuro, servindo para ligar as dúas rexións Fc do anticorpo.[6]

Segundo os estudos comparativos realizados a cadea J mostra un alto grao de homoloxía entre as aves e os humanos, o que indica a importancia da súa función.[6]

Función[editar | editar a fonte]

A cadea J é necesaria para que as IgM e IgA poidan ser secretadas polas mucosas.[2]

Como as IgM e IgA son os dous únicos tpos de anticorpos que se polimerizan, formulárase unha hipótese inicial que dicía que a cadea J era un requisito imprescindible para a polimerización. Porén, posteriormente viuse que a IgM pode polimerizarse en ausencia da cadea J tanto como pentámero coma en forma de hexámero; de todos modos, estas dúas formas polimerizadas aparecen en menores cantidades nos organismos que carecen de cadeas J, e tamén teñen poucos dímeros de IgA.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Levinson (2006). Medical Microbiology and Immunology (11 ed.). McGrawHill. pp. 405–6. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Schroeder, Harry; Wald, David; Greenspan, Neil (2008). "Chapter 4: Immunoglobulins: Structure and Function". En Paul, William. Fundamental Immunology (6th ed.). Philidelphia, PA: Lippincott Williams & Wilkins. pp. 125–151. ISBN 0-7817-6519-6. 
  3. Max EE, McBride OW, Morton CC, Robinson MA (1986). "Human J chain gene: chromosomal localization and associated restriction fragment length polymorphisms". Proc Natl Acad Sci U S A 83 (15): 5592–6. PMC 386334. PMID 3016707. doi:10.1073/pnas.83.15.5592. 
  4. Max EE, Korsmeyer SJ (1985). "Human J chain gene. Structure and expression in B lymphoid cells". J Exp Med 161 (4): 832–49. PMC 2189063. PMID 2984306. doi:10.1084/jem.161.4.832. 
  5. "Entrez Gene: IGJ immunoglobulin J polypeptide, linker protein for immunoglobulin alpha and mu polypeptides". 
  6. 6,0 6,1 Kiyono, Hiroshi; Kunisawa, Jaw; McGhee, Jerry; Mestecky, Jiri (2008). "Chapter 31: The Mucosal Immune System". En Paul, William. Fundamental Immunology (6th ed.). Philidelphia, PA: Lippincott Williams & Wilkins. pp. 983–1030. ISBN 0-7817-6519-6.