Cabaret Voltaire (novela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cabaret Voltaire
Autor/aSantiago Jaureguizar
OrixeGalicia
LinguaLingua galega
Xénero(s)Narrativa
EditorialEditorial Galaxia
Data de pub.Novembro de 2005
FormatoTapa branda con lapelas
Páxinas188
ISBNISBN 84-8288-845-5
editar datos en Wikidata ]

Cabaret Voltaire é unha novela en lingua galega de Santiago Jaureguizar, publicada en novembro de 2005 por Editorial Galaxia. A obra gañou o Premio García Barros dese mesmo ano.

Trama[editar | editar a fonte]

Wilhelm Kurtz é un enxeñeiro alemán, que chega a Ribadeo no buque Martin Lauer para controlar o porto comercial da vila, en Porcillán, onde chega o tren procedente das minas de Vilaoudriz.

O cónsul ruso en Ribadeo dille que a OGPU quere que consiga o diadema de Ribadeo, un dos tesouros que o réxime nazi está a espoliar dos poboados castrexos cara ao Museum Für Völkerkunde de Berlín. O diadema é especialmente apreciada polos seus gravados bélicos de guerreiros celtas. O cónsul ruso refírese a Kurtz como Borislav Kursk, nome que lle deron de neno en San Petersburgo, se ben é de orixe francesa, e chamábase Guillaume Crôute.

Á súa vez ponse en contacto con el o delegado do partido nazi, Ernst Schäfer, que é tamén propietario do cabaré Cabaret Voltaire, de nome igual ao creado en 1916 en Zúric e frecuentado polos dadaístas. A través del, coñece a Nuria, unha serea que nada nun estanque do cabaré. Por outra banda, contacta tamén con el Fermín Bornes, o farmacéutico da vila e cónsul británico, que logo de chamarlle William Curst dálle unha carta do MI5, o servizo de intelixencia británico, para que colla o diadema.

Kurtz muda a xoia por unha falsificación que lle dera o cónsul ruso, pero non lle dá o orixinal, senón que queda con el. Farto das presións a tres bandas, escapa con Nuria a Berlín, a casa do irmán del. Alí viven a segunda guerra mundial, a división da cidade e a posterior caída do Muro de Berlín. Finalmente, xa maiores, despídense da cidade e regresan a Ribadeo, onde Kurtz morre, e Nuria volve ao mar.

Narración[editar | editar a fonte]

A obra está escrita en terceira persoa con narrador omnisciente. A trama desenvólvese principalmente en Ribadeo e Berlín, entre a década de 1930 e o fin de milenio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Ficha na web da editorial.