CXML

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

cXML (commerce eXtensible Markup Language) (ou Linguaxe comercial de etiquetas extensibles, en tradución ó galego), é un protocolo electrónico creado pola empresa Ariba no 1999.

Características[editar | editar a fonte]

Este protocolo está orientado á comunicación de documentos de negocio entre softwares de procurement (ou subministración) e as webs de compra electrónica dos provedores. cXML baséase en XML e proporciona definicións formais de esquemas XML para as operacións de negocio máis habituais. Deste xeito permítese ós programas informáticos a modificación e validación de documentos de negocio sen un coñecemento previo do seu formato ou estrutura.

O protocolo non inclúe o total de iteracións e comunicacións que algunhas sociedades puidesen requirir para comunicarse. Porén, este pódese ampliar a través de ampliacións explícitas e definición de novas etiquetas e identificadores. Estas expansións constitúen o límite real na configuración punto a punto necesaria para a comunicación.

O protocolo actual inclúe os documentos necesarios para a posta en marcha (detalles da compañía e perfís operativos), contido do catálogo electrónico, integración de aplicacións, creación, modificación e borrado de ordes de compra e as respostas a todas estas peticións; máis a confirmación das ordes de compra, os albarás e facturas.

PunchOut é un termo empregado nas comunicacións interactivas realizadas en Internet. A comunicación entre unha aplicación informática e outra, acádase mediante o intercambio en tempo real de mensaxes cXML. Estas mensaxes permiten a iteración dun usuario particular, cun sistema informático remoto. Este termo emprégase sobre todo nos procesos de compra, que especificamente permiten a iteración entre un sistema de compra e o sistema de venda electrónica do provedor. Posiblemente, exista ademais un intermediario para a autenticación e verificación de compatibilidade de versións.

Beneficios[editar | editar a fonte]

  • Doado de implantar: a recepción automática de pedidos, actualización de modificacións e comunicación de catálogos.
  • Posibilidade de desenvolver solucións propias ou adquirir solucións de terceiros, derivadas do protocolo.
  • cXML soporta operacións de compra remotas, tipo PunchOut.
  • Extensible: Se as relacións co teu provedor requiren máis información do que intrinsecamente aporta o cXML, este pódese ampliar para enviar información adicional.
  • XML é unha linguaxe aberta é robusta para describir información.
  • cXML é o único estándar XML orientado a procesos B2B. E ademais simplifica os requirimentos sintácticos que si requiren outros formatos de comunicación electrónica, coma por exemplo o EDI.

Propiedade e dereitos de uso[editar | editar a fonte]

cXML publícase coas achegas de moitas compañías, e é controlado por Ariba[1]. cXML é un protocolo publicado libremente en Internet. É dicir, este formato é aberto a todos para o seu uso sen restricións; coa única excepción de que se esixe a citación en caso de modificación do estándar e o mantemento do nome orixinal. Basicamente, calquera é libre de empregar o cXML á súa vontade e modificalo, sempre que non publique o seu propio estándar e lle chame cXML. O estándar cXML está dispoñible para usalo dende febreiro de 1999. Os detalles do seu licenciamento atópanse na seguinte ligazón http://cxml.org/license.html.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. cXML.org. "Preguntas máis frecuentes sobre cXML, vésaxe punto 10". Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2013. Consultado o 03 de novembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]