CNB Rugby
Fundación | 1922 |
---|
|
A sección de rugby do Club Natació Barcelona foi o segundo equipo de rugby fundado en España, trala UE Santboiana, en 1922, sendo polo tanto un dos clubs pioneiros deste deporte no país. Nese mesmo ano foi tamén un dos equipos participantes no primeiro torneo disputado en España, que contou coa participación da Unió Esportiva Santboiana, do Club Natació Atlètic e do Catalunya Sporting Club.
A sección cesou a súa actividade en 2004, con dúas Copas do Rei (1957 e 1963) e un subcampionato de Liga (1974) no seu palmarés, ademais de cinco Campionatos de Cataluña (1924, 1954, 1957, 1958 e 1970).
Historia
[editar | editar a fonte]O Club Natació Barcelona, fundado o 10 de novembro de 1907 con Bernat Picornell como primeiro presidente, foi o primeiro club de natación creado en España. O 12 de xullo de 1908 organizou o primeiro encontro de wáter-polo disputado no país. En 1914 as instalacións do club na Barceloneta quedaron desfeitas por mor dunha forte treboada, de xeito que houbo que reconstruílas.
A sección de rugby foi creada en 1922, sendo polo tanto o segundo equipo de rugby que se constituía en Cataluña e España trala Unió Esportiva Santboiana. Nese mesmo ano foi tamén un dos equipos participantes no primeiro torneo disputado en España, que contou coa participación da Unió Esportiva Santboiana, do Club Natació Atlètic e do Catalunya Sporting Club, todos eles equipos da provincia de Barcelona. En 1924 o equipo acadou o seu primeiro título oficial coroándose campión de Cataluña por vez primeira. O Campionato de Cataluña era daquela o único torneo que se disputaba en toda España, pois o rugby aínda no estaba estendido polo resto do territorio.
A época dourada do equipo chegou nos anos 50, 60 e 70, coa consecución da maioría dos títulos, ademais da presenza en 11 das 16 primeiras tempadas da nova liga nacional de rugby.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Na Liga Nacional / División de Honra
- Campión (0):
- Subcampión (1): 1974
- No Campionato de España / Copa do Rei
- Campión (2): 1957 e 1963
- Subcampión (4): 1954, 1960, 1961 e 1972
- No Campionato de Cataluña
- Campión (5): 1924, 1954, 1957, 1958 e 1970
- Subcampión (?):
O equipo, denominado popularmente "CNB" ou "Nata" (de natación), descendeu da máxima categoría do rugby español trala tempada 1981/82, manténdose até a tempada 1989/90 na segunda división. Logo diso o club militou 4 tempadas en categorías rexionais para volver competir en segunda división na tempada 1994/95, na que se mantivo até a tempada 1998/99. O club competiu na primeira división catalá o resto da súa existencia, até desaparecer como sección deportiva do Club Natació Barcelona en 2004 por decisión da directiva.