CHP Sant Feliu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
C.H.P. Sant Feliu
CidadeSant Feliu de Codines, Barcelona, Cataluña Cataluña
Historia1974
Fundado1974
PavillónPavillón Cassart i Roca (500)
CompeticiónOK Liga
Cores               Vermello, branco e negro
Na rede
http://www.chpsantfeliu.cat
Sitio web
Sitio web oficial

O Club Hoquei Patins Sant Feliu é un equipo de hóckey a patín da localidade de Sant Feliu de Codines, na comarca do Vallès Oriental (Cataluña). Actualmente xoga na máxima categoría do hóckey a patíns español, a OK Liga.

Historia[editar | editar a fonte]

O Club Hoquei Patíns Sant Feliu naceu en 1974, cando un grupo de rapaces comezaron a xogar cuns sticks na pista de baloncesto da escola. Os pai dos rapaces, vendo a afección dos seus fillos, pediron permiso e axuda ao Concello para arranxar a pista, poñendo os alicerces do futuro club.

O primeiro equipo estivo formado por Toni e Ignasi Vallcorba, Joan Cendra, Josep Poneda, Magi Vallcorba, J.Antoni Adell, Josep e Jordi Bonamich, Ernest Pujol e Toni Pujol, e foron seus pais os que cos seus esforzos fundaron e club.

O primeiro adestrador do club foi o ex xogador internacional do Espanyol de Barcelona, Rubio.

En 1976 creouse a sección de patinaxe artística, que se federou na Federación de Patinaxe, e a sección de ciclo trial, que se federou á Federación Ciclista. Co crecemento do club, os pais dos xogadores pediron ao Concello a construción dunha pista polideportiva que se construiría ao ano seguinte.

En 1980 organizouse o primeiro Torneig Vila de Sant Feliu, e tres anos despois, a petición dos membros do Club Hoquei Sant Feliu, a pista polideportiva cubriuse.

Co club consolidado comezáronse a organizar diversos torneos, como o Torneig de Reis (en 1985) ou o Torneig de Tardor (en 1987). Dende 1987 ata a actualidade, o club foi ampliando e consolidando tódalas súas seccións, ata ter un nome importante no hóckey a patíns, patinaxe e ciclismo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazónse externas[editar | editar a fonte]