CD64

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CD64
Identificadores
Símbolo FCGR1A
Entrez 2209
HUGO 3613
OMIM

146760

RefSeq NM_000566
UniProt P12314
Outros datos
CD64
Identificadores
Símbolo FCGR1B
Entrez 2210
HUGO 3614
OMIM

601502

RefSeq NM_001004340
UniProt Q92637
Outros datos
Locus Cr. 1 p11.2
CD64
Identificadores
Símbolo FCGR1C
Entrez 2211
HUGO 3615
OMIM

601503

RefSeq XM_001133198
Outros datos
Locus Cr. 1 q21.1

CD64 (o grupo ou Cluster de Diferenciación 64) é un tipo de glicoproteína integral de membrana que funciona como receptor de Fc que se une a anticorpos IgG monómeros con alta afinidade.[1] É máis coñecido como receptor de FC-gamma 1 (FcγRI). Despois de unirse a IgG, CD64 interacciona cunha cadea accesoria coñecida como cadea γ común (cadea γ), que posúe un motivo ITAM que é necesario para desencadear a activación celular.[2]

Estruturalmente, o CD64 está composto dun péptido sinal que permite o seu transporte á superficie da célula, tres dominios de inmunoglobulina extracelulares de tipo C2, que se usa para unirse ao anticorpo, un dominio transmembrana hidrófobo e unha curta cola citoplasmática.[3]

O CD64 encóntrase constitutivamente só en macrófagos e monocitos, pero o tratamento de leucocitos polimorfonucleares con citocinas como IFNγ e G-CSF pode inducir a expresión de CD64 nestas células.[4][5]

Hai tres xenes humanos distintos (pero moi similares) para o CD64 chamados FcγRIA (CD64A), FcγRIB (CD64B) e FcγRIC (CD64C), que están localizados no cromosoma 1.[6] Estes tres xenes producen seis transcritos de ARNm diferentes; dous do CD64A, tres do CD64B e un do CD64C; por empalme alternativo.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hulett M, Hogarth P (1998). "The second and third extracellular domains of FcgammaRI (CD64) confer the unique high affinity binding of IgG2a". Mol Immunol 35 (14–15): 989–96. PMID 9881694. doi:10.1016/S0161-5890(98)00069-8. 
  2. Nimmerjahn F, Ravetch J (2006). "Fcgamma receptors: old friends and new family members". Immunity 24 (1): 19–28. PMID 16413920. doi:10.1016/j.immuni.2005.11.010. 
  3. 3,0 3,1 Ernst L, Duchemin A, Miller K, Anderson C (1998). "Molecular characterization of six variant Fcgamma receptor class I (CD64) transcripts". Mol Immunol 35 (14–15): 943–54. PMID 9881690. doi:10.1016/s0161-5890(98)00079-0. 
  4. Perussia B, Dayton E, Lazarus R, Fanning V, Trinchieri G (1983). "Immune interferon induces the receptor for monomeric IgG1 on human monocytic and myeloid cells". J Exp Med 158 (4): 1092–113. PMC 2187379. PMID 6225822. doi:10.1084/jem.158.4.1092. 
  5. Repp R, Valerius T, Sendler A, Gramatzki M, Iro H, Kalden J, Platzer E (1991). "Neutrophils express the high affinity receptor for IgG (Fc gamma RI, CD64) after in vivo application of recombinant human granulocyte colony-stimulating factor". Blood 78 (4): 885–9. PMID 1714327. doi:10.1182/blood.V78.4.885.885. 
  6. Ernst L, van de Winkel J, Chiu I, Anderson C (1992). "Three genes for the human high affinity Fc receptor for IgG (Fc gamma RI) encode four distinct transcription products". J Biol Chem 267 (22): 15692–700. PMID 1379234. doi:10.1016/S0021-9258(19)49591-4. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]