CD5

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Molécula CD5.

O CD5 é un cluster de diferenciación (CD), é dicir, unha glicoproteína de membrana que aparece durante a diferenciación celular, concretamente nun grupo de linfocitos B que segregan anticorpos IgM chamados células B-1, e tamén nos linfocitos T.[1] As células B-1 teñen un receptor de células B (BCR) con diversidade limitada debido á súa carencia do encima desoxinucleotidil transferase terminal (TdT) e son potencialmente autorreactivas (autoinmunidade). O CD5 serve para mitigar os sinais activadores do BCR para que as células B-1 poidan só ser activadas por estímulos moi fortes (como as proteínas bacterianas) e non polas proteínas normais dos tecidos. O CD5 usouse como un marcador das células T ata que se desenvolveron os anticorpos monoclonais contra o CD3.

Nos humanos, o xene que codifica esta proteína está localizado no cromosoma 11. Non hai un ligando claramente confirmado para este CD, aínda que o CD72, unha lectina de tipo C, considérase un posible ligando.

As células T expresan maiores niveis de CD5 ca as células B. O CD5 está regulado á alza nas células T tras unha activación forte. No timo, hai unha correlación entre a expresión de CD5 e a forza da interacción das células T cos péptidos propios.

Inmunohistoquímica[editar | editar a fonte]

O CD5 é un bo marcador inmunohistoquímico para as células T, aínda que non é tan sensible como o CD3. Arredor do 76% dos neoplasmas de células T expresan CD5, e tamén se encontra nas células de leucemia linfocítica crónica, tricoleucemia, e linfoma de células do manto. Normalmente pérdese no linfoma de células T cutáneo, e a súa ausencia pode usarse como un indicador de malignidade nesta doenza. A ausencia de CD5 na leucemia linfoblástica aguda de células T, aínda que é relativamente rara, está asociada cun mal prognóstico.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Entrez Gene: CD5 CD5 molecule". 
  2. Leong, Anthony S-Y; Cooper, Kumarason; Leong, F Joel W-M (2003). Manual of Diagnostic Cytology (2 ed.). Greenwich Medical Media, Ltd. pp. 67–68. ISBN 1-84110-100-1. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • MeshName - CD5+Antigen [1]