CAT 4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CAT 4
TipoTecnolóxico
Contratistas principaisESA
Data de lanzamento20 de decembro de 1981[1][2]
Foguete portadorAriane 1[3]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Kourou[2][3]
Obxectivo da misiónTecnolóxico[2][3][4]
NSSDC ID1981-122B
Datos orbitais
Semieixo maior20.140,2 km[1]
Inclinación10,6 graos[1]
Apoapse27.279,0 km[1]
Periapse259,4 km[1]

CAT 4, acrónimo de Capsule Ariane Technologique 4, foi un satélite artificial da ESA lanzado o 20 de decembro de 1981 mediante o cuarto foguete Ariane 1 desde o Centro Espacial de Kourou.[1][3][4]

Características[editar | editar a fonte]

CAT 4 foi unha cápsula tecnolóxica posta en órbita durante o lanzamento do cuarto Ariane 1. Foi posto nunha órbita inicial de 199 km de perixeo, 36.051 km de apoxeo, unha inclinación orbital de 10,6 graos e un período de 636 minutos. A cápsula funcionaba con baterías e foi deseñada para durar 6 órbitas (unhas 65 horas). A súa función foi recompilar información sobre o foguete durante o lanzamento e posta en órbita e retransmitila a terra para obter datos cos que validar o foguete. Emitía a unha frecuencia de entre 136 e 138 MHz.[2][3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "CAT 4" (en inglés). Consultado o 10 de maio de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Letter dated 25 January 1982 from the Legal Counsellor and Chief of the Legal Affairs and Intellectual Property Department of the European Space Agency addressed to the Secretary-General" (PDF) (82-04676). 25 de febreiro de 1982: 2. Consultado o 10 de maio de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2012). Gunter's Space Page, ed. "CAT 1, 2, 3, 4" (en inglés). Consultado o 10 de maio de 2012. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Mark Wade (2011). "CAT" (en inglés). Consultado o 10 de maio de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]