César Parapar Sueiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
César Parapar Sueiras
 Viveiro
Falecemento17 de decembro de 1936
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncarpinteiro e político
editar datos en Wikidata ]

César Parapar Sueiras, nado en Viveiro e finado en Lugo o 17 de decembro de 1936, foi un carpinteiro e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carpinteiro. Pasou un tempo na emigración en Cuba e alí foi un dos membros fundadores da Xuntanza Nazonalista Galega d'Habana en 1920,[1] volvendo a Galicia o ano seguinte. Membro da Irmandade da Fala de Viveiro e despois secretario de actas do Grupo Galeguista de Viveiro. Logo do triunfo do Frente Popular en febreiro de 1934 foi nomeado concelleiro de Viveiro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 27 de xullo. Xulgado en Lugo por rebelión militar, foi condenado á pena de morte. Foi executado nas tapias do cuartel da Garda Civil de Lugo o 17 de decembro de 1936 con 35 anos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González (2018) Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte. Vigo:Xerais, p. 299.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]