César Morgado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
César Morgado
Información persoal
Nome César Morgado Ortega
Nacemento 26 de xaneiro de 1993
Lugar de nacemento Barcelona
Altura 1,85 m.
Posición Defensa
Información de club
Club actual Lugo
Número 14
Carreira xuvenil
Flecha Negra
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2012–2014 Badajoz CF 6 (1)
2014–2015 Córdoba B 32 (2)
2015–2016 Mérida 35 (7)
2016–2017 Cultural Leonesa 9 (0)
2017 Villanovense 19 (1)
2017–2018 Valencia Mestalla 18 (1)
2018–2021 CD Badajoz 80 (6)
2021–2023 Sabadell 41 (4)
2023– Lugo 20 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 12 de marzo de 2024.
editar datos en Wikidata ]

César Morgado Ortega, nado en Barcelona o 26 de xaneiro de 1993, é un futbolista español que xoga como defensa no Lugo, da Primeira División RFEF. É fillo do exfutbolista Sergio Morgado, que xogaba tamén como defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira como futbolista no Badajoz CF, da Terceira División, e en 2014 iniciou un periplo de oito anos por diferentes equipos da Segunda División B (Córdoba B, Mérida, Cultural Leonesa, Villanovense, Valencia Mestalla e CD Badajoz). En 2021 fichou polo Sabadell, da nova Primeira División RFEF, no que militou durante dous anos. No verán de 2023 asinou como novo xogador do Lugo, da mesma categoría.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "César Morgado, nuevo jugador del CD Lugo" (en castelán). 21 de xullo de 2023. Consultado o 12 de marzo de 2024.