César Carracedo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1976 (47/48 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Julio César Carracedo Pose, nado na Coruña en 1976, é un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xornalista radiofónico. Foi xefe de informativos na COPE en Ferrol, director do programa Hoy por hoy e director de informativos da fin de semana na Cadena SER en Santiago de Compostela. En 2006 recibiu un accésit do Premio Modesto R. Figueiredo polo relato "A cota láctea" e unha mención no certame de Relato Curto do Concello de Mugardos. En 2014 gañou o Premio do xurado do Premio Diario Cultural de teatro radiofónico da Radio Galega coa obra Explotados[1] e o accésit do Modesto R. Figueiredo polo relato "Gran sol". En 2015 obtivo o segundo premio da categoría B do X Premio de Narración Curta do Concello de Curtis[2]. De xuño de 2015 a 2019 traballou no gabinete de prensa da Alcaldía de Lalín.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Explotados, de César Carracedo, obtén o galardón do Xurado do Premio "Diario Cultural" de Teatro Radiofónico". Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2015. Consultado o 18 de xuño de 2015.
- ↑ "Curtis: entrega dos premios do X Premio Narración Curta do Concello de Curtis". Axenda cultural AELG. Consultado o 2020-02-03.
- ↑ César Carracedo gana un premio de teatro radiofónico