Cándido Lorenzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cándido Lorenzo
Nome completoCándido Lorenzo González
Nacemento23 de setembro de 1925
Lugar de nacementoLaroá
Falecemento17 de decembro de 2019
NacionalidadeBrasil e España
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote católico e relixioso
editar datos en Wikidata ]

Cándido Lorenzo González, nado en Laroá,[1] (Xinzo de Limia) o 23 de setembro de 1925 e finado no Brasil o 17 de decembro de 2019, foi un bispo católico e frade mercedario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de estudar a primaria en Xinzo e a secundaria en Sarria, fixo estudos de teoloxía no mosteiro de Poio onde ingresou na Orde da Mercé e onde se ordenou como crego católico en 1954. En 1960 trasládase como sacerdote ao Brasil, e en 1969 é nomeado prelado de São Raimundo Nonato, en Piauí, ata que o 3 de outubro de 1981 convértese no bispo titular desa mesma prelatura, agora xa convertida en diocese, cargo no que permaneceu ata que se xubilou en 2002.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Foi nomeado fillo predilecto de Laroá en 1995.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Historia en 4 tiempos". laregion.es (en castelán). 27 de setembro de 2020. Consultado o 07 de outubro de 2020.