Cándido Conde Dixon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCándido Conde Dixon

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de outubro de 1925 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de febreiro de 1997 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Palma, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónColegio Nuestra Señora del Pilar (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1950 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Cándido Conde Dixon, nado en Ferrol en 1925 e finado en Palma de Mallorca en 1997, foi un pintor e mariño galego, da segunda metade do século XX, instalado en Mallorca onde realizou unha gran parte da súa obra. A súa dedicación principal foi o paisaxismo, aínda que tamén foi un interesante retratista.[1] A súa primeira obra coñecida realizouse en Ferrol.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cándido Conde Dixon naceu en Ferrol (A Coruña), o 23 de outubro de 1925, fillo de Luciano Conde Pumpido, Xurídico da Armada, e Enid Dixon Jamieson, de nacionalidade inglesa, filla dun enxeñeiro dos estaleiros de Ferrol. En 1945 ingresou na Escola Naval Militar de Marín, no Corpo Xeral da Armada. Desempeñou numerosos destinos, a bordo de diversos buques, e en dependencias en terra, entre eles en Sidi Ifni. En 1972 fixou a súa residencia en Mallorca, onde pasou á reserva co emprego de capitán de fragata, e dedicouse de maneira total á pintura.

Infancia[editar | editar a fonte]

Cándido Conde Dixon pasou a súa primeira infancia en Madrid, onde estudou no Colexio do Pilar, e desde 1931 continuou os seus estudos en Ferrol, cidade departamental á que foi destinado o seu pai, e na que viviu no barrio da Madalena. En 1937 a súa familia trasladouse a Valladolid, ao incorporarse o seu pai, xa Xeral Auditor, ao novo Consello Supremo de Xustiza Militar. Ao finalizar a Guerra Civil, en 1939, trasladouse a Madrid, e en 1942 faleceu o seu pai, cando Cándido Conde Dixon tiña só 17 anos, o que lle deixou unha profunda e dolorosa pegada.

Máis tarde volveu a Ferrol, na década do cincuenta, xa como mariño, e foi nesta cidade na que se iniciou como pintor, xunto a ilustres pintores ferroláns.

Formación e primeiros traballos[editar | editar a fonte]

O seu primeiro mestre foi José González Collado, destacado pintor ferrolán, que foi quen lle axudou a montar a súa primeira exposición no Concello de Ferrol. Conde Dixon consideráballe "un gran mestre e un inesquecible compañeiro".[2] Máis tarde, despois dun período de ausencia de Ferrol, polas súas ocupacións como mariño, e habéndose trasladado González Collado a Madrid, Conde Dixon continuou a súa formación xunto ao pintor Ricardo Segura Torrella, a persoa que Conde Dixon recoñece admirar de forma máis aberta, e ao que consideraba un gran debuxante e un pintor excelente, situado en primeira fila da pintura galega. El foi quen levou ao pintor e tamén mariño, Juan Garcés Espinosa, ao estudo de Ricardo Segura, póndoos en contacto.[3][4] Aínda en Ferrol, recibiu influencias de Valentín Castro e do gran paisaxista Imeldo Curral.

Posteriormente, destinado xa en Cartaxena, trabó relación cos pintores Enrique Navarro e Alonso Luzzy, e a través deles recibiu os ensinos de Vicente Ros, o gran pintor cartaxenero. En Cartaxena Conde Dixon inaugurou, cunha exposición propia, a Galería de arte Zurbarán.

Unha vez instalado en Mallorca, no que podemos considerar a etapa de madurez do artista, Conde Dixon trabó relación con Bernardino Celiá, un pintor paisaxista moi cotizado no seu tempo, discípulo de Josep Ventosa, especializado nas paisaxes da costa norte mallorquina, a quen Conde Dixon acompañaba nas súas excursións pictóricas, e de quen aprendeu a renovar as cores da súa paleta, para poder captar a luz e a transparencia do aire de Mallorca.[5]

Segunda Etapa[editar | editar a fonte]

A súa consolidación como pintor produciuse na etapa pasada na illa de Mallorca, onde se instalou en 1972, e viviu até o seu falecemento en 1997. Como o mesmo sinala, despois de pasearse polo naturalismo, o expresionismo, o cubismo e o fauvismo, instalouse no impresionismo, estilo que caracteriza a maior parte da súa obra.[6]

Obra[editar | editar a fonte]

"Volvendo a casa", cadro do pintor galego Cándido Conde Dixon.

Entre a súas numerosísimas pinturas, moitas delas recollidas no libro "Ondas e óleos", poden citarse "Outono en Sóller", 1957, "Camarote a bordo", 1972, "Verán en Cala Deyà", 1987, "Vista da Cartuxa de Valdemosa", 1987, ou "Barranc Gorg Blau", 1989.

Na súa faceta de retratista, cabe destacar os retratos ao óleo do Doutor Matas, Palma de Mallorca 1984, do Doutor Medina, Palma de Mallorca 1986, ou do Doutor Alastuety, Palma de Mallorca 1987, así como o da súa curmá "Tere", Madrid, 1959.

Produción do artista[editar | editar a fonte]

O artista caracterízase pola súa dedicación ao paisaxismo. En primeiro lugar ás mariñas, pero tamén ós canellóns, os torrentes e os portos. Foi tamén un interesante retratista.

Non apreciaba a participación en premios e concursos, pero realizou numerosas exposicións individuais e colectivas. Entre as exposicións individuais pódense citar as realizadas en Ferrol nos anos 1958, 1961 e 1962. En Palma de Mallorca nos anos 1971 e 1987, nas Galerías Costa, Art Fama e L' Auba. En Sóller, entre 1971 e 1990, na Galería Moura. En Inca en 1976. E en Cala Dór, na Galería Santa María do Mar, en máis de vinte ocasións.

Participou en exposicións colectivas en Madrid, Barcelona, Palma de Mallorca, Sarasota (Florida, Estados Unidos), Cartaxena e Ferrol. Existen obras súas no Museo Naval de Madrid, no Museo de Arte Contemporánea de Porreras, na Colección Fomento do Turismo de Palma de Mallorca, no Concello de Sóller, no Palacio Real de Tailandia e en numerosas coleccións privadas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. OLAS Y OLEOS. Cándido Conde Dixon, Editorial Naval, 1991 ISBN 9788473410670
  2. Olas y oleos, página 137
  3. Olas y oleos, página 140
  4. Galicia Artabra. "Falleció el pintor...". 
  5. Olas y óleos, pág 155
  6. Olas y óleos, pág 163