Buzz Feitshans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Buzz Feitshans
Nacemento17 de xaneiro de 1937
 Os Ánxeles
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade do Sul da Califórnia e USC Rossier School of Education
Ocupaciónprodutor de cine e produtor executivo
PaiFred R. Feitshans Jr.
FillosBuzz Feitshans IV
editar datos en Wikidata ]

Frederick Rollin Feitshans III, nado o 17 de xaneiro de 1937, é un produtor de cinema estadounidense, máis coñecido como Buzz Feitshans. Salientan as súas colaboracións con John Milius e Carolco Pictures.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1973, Feithshans fixo o seu debut como produtor con Dillinger, un filme escrito e dirixido por John Milius. Milius e Feitshans formaron A-Team Productions ese mesmo ano, e produciron Big Wednesday (1978), 1941 (1979) e Hardcore (1979). A-Team Productions disolveuse pero Feitshans continuou a producir os filmes de Milius, como Conan o bárbaro (1982), Uncommon Valor (1983) e Red Dawn (1984).

Feitshans produciu Acurralado en 1982, así como as súas secuelas. Os filmes foron realizados polos produtores executivos Mario Kassar e Andrew Vajna de Carolco Pictures, cos cales Feitshans traballou frecuentemente. En 1988, converteuse en vicepresidente executivo de produción e membro de Carolco Pictures.

Feitshans uniuse a Cinergi Productions en 1992, facendo de produtor executivo de Medicine Man (1992), Tombstone (1993), Renaissance Man (1994), Color of Night (1994), Die Hard with a Vengeance (1995), Xuíz Dredd (1995), The Scarlet Letter (1995), Nixon (1995), Evita (1996), Shadow Conspiracy (1997) e An Alan Smithee Film: Burn Hollywood Burn (1997).

Retirouse do mundo da produción en 1997.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Biografía en Buzz Feitshans Papers