Burro fariñeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O burro fariñeiro é unha a raza de burro autóctona de Galiza. O seu nome deriva do seu uso primixenio como transporte de sacos de fariña. Tamén se coñece coma 'asno galego'. Non ten recoñecemento oficial e existen poucos exemplares[1] que se atopan, principalmente, nas comarcas do Morrazo, de Betanzos e dos Ancares, no Courel e nas montañas ourensás.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

A raza non é recoñecida polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, nin está listada entre as razas españolas en "perigo de extinción"[2], nin tampouco está entre as razas incluídas polo goberno español no DAD-IS (o sistema de información da diversidade de fauna doméstica da FAO).[3][4][5]

No pasado, e aínda hoxe en día, foi usado coma besta de carga en tarefas coma o transporte da fariña, que lle dá nome, de uva durante a recolleita, e levando marisco recollido nas praias do Atlántico para ser usado coma fertilizante agrícola.[1]

No 1999, un censo do INE contou 14.649 burros en Galiza, a meirande poboación de tódalas comunidades autónomas. No 2009, estimouse que o número de burros fariñeiros rondaría os 180, cun número moi reducido de sementais, moitos dos cales xa eran vellos, e estaban moi dispersos por unha ampla área xeográfica. A poboación estaba declinando a un ritmo alarmante.[1] No mesmo ano, o decreto que protexería as razas autóctoas galegas, incluíndo ao burro fariñeiro, levaba agardando máis dun ano a aprobación da Xunta de Galiza.[6]

A raza está actualmente baixo a responsabilidade do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia[1] e existe unha asociación para a súa protección, a Asociación para a Protección e Defensa Medioambiental do Burro Fariñeiro de Galicia (ABUFA).[7]

Os burros fariñeiros foron introducidos na illa da Toxa, como parte dun proxecto de recuperación e conservación medioambiental.[8]

Características[editar | editar a fonte]

Esta raza é máis pequena ca outras razas ibéricas de burro, medindo entre 1 m. e 1,20 m. e pesando entre 120 e 180 kg. A pelaxe é fina, densa, suave e de lonxitude media; a súa cor é gris ou dun marrón claro, e máis clara na parte inferior. As franxas do lombo e os ombreiros poden estar máis ou menos diferenciadas.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Miguel Fernández Rodríguez, Mariano Gómez Fernández, Juan Vicente Delgado Bermejo, Silvia Adán Belmonte, Miguel Jiménez Cabras (eds.) (2009). Guía de campo de las razas autóctonas españolas (in Spanish). Madrid: Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino. ISBN 9788449109461. p. 428–30.
  2. Catálogo de Razas: Raza Autóctona en Peligro de Extinción: EQUINO ASNAL (in Spanish). Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.
  3. Barbara Rischkowsky, D. Pilling (eds.) (2007). List of breeds documented in the Global Databank for Animal Genetic Resources, annex to The State of the World's Animal Genetic Resources for Food and Agriculture. Rome: Food and Agriculture Organization of the United Nations. ISBN 9789251057629.
  4. Breeds reported by Spain: Ass. Domestic Animal Diversity Information System of the Food and Agriculture Organization of the United Nations.
  5. Waltraud Kugler, Hans-Peter Grunenfelder, Elli Broxham (2008). Donkey Breeds in Europe: Inventory, Description, Need for Action, Conservation; Report 2007/2008. St. Gallen, Switzerland: Monitoring Institute for Rare Breeds and Seeds in Europe.
  6. Silvia R. Pontevedra (2009). La galiña piñeira emigra a Madrid: Los criadores esperan desde hace cuatro años que la Xunta reconozca la raza (in Spanish). El País, 22-01-2009.
  7. Laura Lunardelli (2009). Que no se extinga el burro fariñeiro (in Spanish). La Nacion, 14-01-2009. Sección 4.
  8. Manuel Méndez (2011). Preparadas las instalaciones para acoger la pareja de asnos que habitará en A Toxa. Faro de Vigo, 15-11-2011.