Burning Heart Records

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Burning Heart Records
Fundado en1993
DistribuidorasEpitaph Records
Xénero(s)punk rock, grindcore, hardcore punk, rap
OrixeSuecia
LocalizaciónÖrebro
http://www.burningheart.com

Burning Heart Records é un selo discográfico independente formado en 1993 e baseado en Örebro, Suecia.[1] Ten unha estreita relación coa etiqueta californiana Epitaph Records, que ten os dereitos de distribución de Burning Heart en Norteamérica. Ten tamén unha oficina en berlín dende finais do ano 2003.[2]

Burning Heart tivo moito éxito lanzando en Europa (especialmente en Suecia) bandas a un público xeral. Entre os seus artistas que máis éxito colleitaron están The Hives, Turbonegro, The (International) Noise Conspiracy, Millencolin, No Fun at All e Refused.

O selo ten unha boa reputación polas súas bandas de garage punk,[3] pero ten editado álbums que van dende o grindcore e o hardcore experimental ata o pop alternativo, ska ou rap.[4]

Bandas que editaron co selo[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Burning Heart Records". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-11-10. 
  2. Ox-Fanzine. "Interviews & Artikel : BURNING HEART RECORDS :: ox-fanzine.de". www.ox-fanzine.de (en deutsch). Consultado o 2019-11-10. 
  3. "Shaun Warren on BURNING HEART Records". Australian Punk and Hardcore : Rest Assured (en inglés). Consultado o 2019-11-10. 
  4. "Burning Heart Records back in business". lambgoat.com. Consultado o 2019-11-10. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]