Bully (grupo musical)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bully
OrixeNashville, Tennessee,
Período2013 - presente
Xénero(s)rock alternativo, grunge, punk rock, indie rock
Selo(s) discográfico(s)Startime, Columbia, Sub Pop
MembrosAlicia Bognanno
Wesley Mitchell
Clayton Parker
Reece Lazarus
Antigos membrosStewart Copeland
Na rede
bullythemusic.com
Facebook: bullythemusic Twitter: Bully Instagram: bullythemusic Bandcamp: bullythemusicSouncloud: bully89845 Spotify: 34LdbFt5sVXKTJOzf1iExQ Last fm: Bully Musicbrainz: 6d5c33ee-5357-4eee-8420-e50aec54982b Songkick: 158504 Discogs: 3582282 Allmusic: mn0001570441 Genius: Bully Editar o valor em Wikidata

Bully é unha banda estadounidense de rock alternativo formada no ano 2013 en Nashville, Tennessee. Ata a data o grupo leva publicados dous álbums de estudio: Feels Like (2015) e Losing (2017).

Historia[editar | editar a fonte]

Bully foi fundada pola nativa de Rosemount, Minnesota Alicia Bognanno, que realizou un grao de gravación de son na Middle Tennessee State University antes de conseguir unhas prácticas no estudio de Steve Albini Electrical Audio en Chicago.[1] Bognanno comezou a gravar demos do seu propio material antes de mudarse a Nashville, Tennessee, onde traballou como enxeñeiro en Battle Tapes Recording e no local The Stone Fox.[1] Formou a banda xunto co batería Stewart Copeland (non confundilo co batería de The Police).[1]

Tras autoeditar un casete, o primeiro sinxelo propiamente dito da banda, "Milkman", publicouse en abril de 2014. O grupo fichou entón co selo de Columbia Records Startime International e lanzou o seu álbum de estrea, Feels Like, en xuño de 2015.[1] O álbum foi gravado en Electrical Audio con Bognanno axudando nas tarefas de gravación.

No ano 2017 Bully fichou polo selo Sub Pop Records.[2] O seu segundo álbum, Losing, tamén foi gravado no estudio de Albini, facendo Bognanno as labores de enxeñeiro. O disco foi editado en 2017 sendo precedido polo sinxelo "Feel the Same".[1]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Feels Like 2015 Columbia Records
Losing 2017 Sub Pop Records
Sugaregg 2020 Sub Pop Records
Lucky for You 2023 Sub Pop Records

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Bully | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-01-10. 
  2. "Bully Sign To Sub Pop For LP2". Stereogum. 2017-07-12. Consultado o 2020-01-10. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]