Bullet for My Valentine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bullet for my Valentine»)
Bullet for My Valentine
OrixeBridgend, País de Gales
Período1998 - presente
Xénero(s)heavy metal, metalcore, thrash metal
Selo(s) discográfico(s)Columbia, Trustkill, Gun, Sony Music, Jive, RCA
MembrosMatthew Tuck
Michael Paget
Michael Thomas
Jamie Mathias
Antigos membrosNick Crandle
Jason James
Na rede
bulletformyvalentine.com
IMDB: nm3053932 Facebook: BulletForMyValentine Twitter: bfmvofficial Instagram: bfmvofficial MySpace: bulletformyvalentine Youtube: UCNCYBBI44YViXw7vBrqCZcg Souncloud: bulletformyvalentine Spotify: 7iWiAD5LLKyiox2grgfmUT iTunes: 50077521 Last fm: Bullet+for+My+Valentine Musicbrainz: d530dbf9-69b1-404f-98f2-0431104f5a1e Songkick: 137158 Discogs: 360657 Allmusic: mn0000865403 Deezer: 327 Genius: Bullet-for-my-valentine Editar o valor em Wikidata

Bullet for My Valentine é unha banda galesa de heavy metal formada en Bridgend en 1998. O grupo está composto por Matthew Tuck (voces, guitarra rítmica), Michael Paget (guitarra solista, coros), Jason James (baixo, coros) e Michael Thomas (batería). A banda formouse co nome Jeff Killed John e comezou a súa carreira versionando cancións de Metallica e Nirvana. Jeff Killed John gravou seis temas que non foron editados; en dous deles traballaron posteriormente como Bullet for My Valentine. Dificultades financeiras forzaron ao cambio de nome, que foi seguido por un cambio na dirección musical. No ano 2002 a banda asinou un contrato por cinco álbums con Sony BMG.

O álbum de estrea de Bullet for My Valentine, The Poison, foi publicado o 3 de outubro do ano 2005 no Reino Unido e o 14 de febreiro do 2006 nos Estados Unidos para coincidir co día dos namorados e polo tanto co seu nome (en inglés chámase Valentine's Day). O disco entrou no númeor 128 da lista Billboard 200 estadounidense e foi certificado ouro pola RIAA. A banda apareceu no Download Festival e no Kerrang! XXV, e realizou unha xira polos Estados Unidos con Rob Zombie. O segundo álbum de Bullet for My Valentine, Scream Aim Fire, foi lanzado o 29 de xaneiro do 2008 estreándose no número 4 da Billboard 200. Seu terceiro traballo, Fever, editouse o 26 de abril do ano 2010 e estreouse no 3 da Billboard 200. A banda vendeu ao redor dun millón de discos nos Estados Unidos e preto de 2 millóns e medio en todo o mundo.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
The Poison 2005 Visible Noise, Trustkill
Scream Aim Fire 2008 Jive Records, 20-20 Entertainment LLC
Fever 2010 Sony Music Entertainment, Jive
Temper Temper 2013 RCA Records
Venom 2015 RCA Records
Gravity 2018 Spinefarm
Bullet for My Valentine 2021 Spinefarm

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]