Bullenhuser Damm

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escola de Bullenhuser Dam (1908-1910), fachada sur.

A escola de Bullenhuser Damm (en galego pódese traducir como «escola do dique de Bullenhuus») foi unha escola inaugurada en 1910, situada no barrio de Rothenburgsort da cidade de Hamburgo (Alemaña). Entre os anos 1944 e 1945, o edificio transformouse nunha extensión do campo de concentración de Neuengamme, e o 21 de abril de 1945 cometeuse nel un dos crimes máis atroces do nazismo: só dúas semanas antes da capitulación da Alemaña nazi, nun crime da fase final, o unterscharführer Johann Frahm (1901 – 1946) e o médico da Schutzstaffel Alfred Trzebinski (1902–1946), baixo o comandamente da obersturmführer Arnold Strippel, asasinaron vinte nenos e nenas xudeus de cinco a doce anos –todos vítimas de experimentos pseudocientíficos do médico das SS Kurt Heissmeyer–, os seus catro coidadores e un mínimo de vinte e catro prisioneiros de guerra soviètics.[1] Supostamente, seguiran as ordes de Oswald Pohl, obergruppenführer en Berlín, ou, segundo outros testemuños, do mesmo Heinrich Himmler,[2] de asasinar e facer desaparecer todos os testemuños dos crimes de guerra antes da chegada das forzas aliadas. Segundo outras fontes, foi o mesmo Heissmeyer quen dende Hohenlychen pediu ó seu amigo Pohl que dese a orde de liquidar o seu departamento experimental.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]