Buleuterio
Aparencia
O Buleuterio (en grego: βουλευτήριον) é o edificio onde se reunía a bulé, o consello, nas cidades da antiga Grecia. De acordo co nome específico desta institución nas diferentes cidades, podería levar outro nome: por exemplo, Sinedrion en Mesene ou Gerontikón en Nisa[1].
Bouleuterio de Atenas
[editar | editar a fonte]Na ágora ateniense construíronse dous bouleuterios, cada un nun período diferente. O máis antigo é o Metroon.
Do -415 ao -406, construíuse un novo buleuterio ao oeste do antigo. As razóns desta nova construción permanecen escuras. O novo edificio era de forma rectangular e medía 16 por 22 metros. Hoxe só fican os alicerces, cousa que non permite esclarecer a construción.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diccionario de Arte I. Barcelona: Spes Editorial SL (RBA). 2003. p. p.70. ISBN 84-8332-390-7.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Buleuterio |
- Cross sections through the Metroon- Bouleuterion complex (Seccións transversais do complexo Metroon-Buleuterion ) (en inglés)
- Novo Buleuteurio de Atenas, Proxecto Perseo; (en inglés)