Saltar ao contido

Buck Williams

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBuck Williams

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1960 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Rocky Mount, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónRocky Mount High School (en) Traducir
Universidade de Maryland Editar o valor en Wikidata
Altura203 cm Editar o valor en Wikidata
Peso97 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador de baloncesto Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1981 Editar o valor en Wikidata - 1998 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla-pivote e Pivote Editar o valor en Wikidata
Convocado porBrooklyn Nets Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Portland Trail Blazers
New York Knicks
1978–1981 Maryland Terrapins
Premios

Charles Linwood "Buck" Williams, nado o 8 de marzo de 1960 en Rocky Mount, Carolina do Norte, é un antigo xogador profesional e adestrador asistente de baloncesto estadounidense. Foi famoso pola súa habilidade reboteadora e as súas lentes, de feito, é o décimo quinto máximo reboteador histórico da NBA.

Williams, un ala-pivote de 2,03 m de altura, foi durante as súas dezasete temporadas na NBA seleccionado tres veces para o All-Star, ademais de ser galardoado como Rookie do Ano, e escollido dúas veces no mellor quinteto defensivo. Actualmente é o máximo anotador histórico dos Brooklyn Nets (10.440), máximo reboteador (7.576), xogador con máis partidos disputados (635), maior media de rebotes por partido (11,9) e o xogador con máis tiros libres anotados (2.476).[1] Na súa honra os Nets retiraron o dorsal 52.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Universidade

[editar | editar a fonte]

Procedente do Instituto Rocky Mount Senior, Williams asistiu á Universidade de Maryland, tendo un éxito inmediato ao ser nomeado Rookie do Ano da Atlantic Coast Conference en 1979. Liderou a ACC en rebotes en dúas ocasións, mentres que fixo unha media de 15,5 puntos nos seus anos sophomore e júnior. En 1981 foi elixido no mellor quinteto do All-American e da ACC, do mesmo xeito que en 1980 isto último. En 1980 foi seleccionado para disputar os Xogos Olímpicos xunto cos posteriormente campións da NBA Isiah Thomas e Mark Aguirre; con todo nunca defendeu as cores da selección en Moscova debido ao boicot norteamericano.

En 2002, Williams foi un do oito xogadores de Maryland elixido no mellor equipo do 50 aniversario da ACC.

Os New Jersey Nets seleccionárono na terceira posición do Draft de 1981, xusto por detrás dos propios Aguirre e Thomas. Na súa primeira tempada cos Nets fixo unha media de 15,5 puntos e 12,3 rebotes nos 82 encontros da temporada, sendo ademais elixido Rookie do Ano. Nos Nets disputou oito temporadas a un grandísimo nivel, mostra diso é que no seu seis primeiras campañas nunca baixou de 12 rebotes por partido e xogou dous All-Star Game (1983 e 1986).

O 24 de xuño de 1989 foi traspasado aos Portland Trail Blazers a cambio de Sam Bowie e unha rolda de draft. Nos Blazers continuou co seu sólido xogo, formando parte dun equipo máis competitivo que o que tivera nos Nets, xa que contaban cun dúo no perímetro formado por Clyde Drexler e Terry Porter. Na súa estancia nos Blazers descendeu en puntos aínda que se seguiu mostrando como un excelso reboteador co paso dos anos. Co equipo disputou dúas Finais da NBA, en 1990 e 1992, perdendo ambas as ante Detroit Pistons e Chicago Bulls respectivamente. En 1995 fichou polos New York Knicks para xogar as últimas dúas campañas na súa carreira. No seu primeiro ano nos Knicks cumpriu con 6,3 puntos e 5,4 rebotes por partido, mentres que na seguinte tempada tívose que perder 41 partidos por lesión.

O 27 de xaneiro de 1999 anunciou a súa retirada do baloncesto profesional tras 17 tempadas en activo e máis de 16.000 puntos e 13.000 rebotes en total, sendo un do sete xogadores na historia da NBA en lograr esta marca. En 1999, as Nets retiraron o seu dorsal número 52.

  1. "Brooklyn Nets Career Leaders". Basketball-Reference (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 3 de novembro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]