Terry Porter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Terry Porter
Posición Base
Dorsal 30
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 88 kg (195 lb)
Nacemento 8 de abril de 1963 (61 anos)
Milwaukee, Wisconsin
Carreira
Universidade Wisconsin–Stevens Point (1981–1985)
NBA Draft 1985 / Rolda: 1 / Elección: 24
Por Portland Trail Blazers
Tempadas 19852002
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     15 586
Asistencias     7 160
Roubos     1 583
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
Adestrador

Terry Porter, nado o 8 de abril de 1963 en Milwaukee, Wisconsin, é un adestrador e ex xogador de baloncesto profesional estadounidense que xogou durante dezasete tempadas na NBA. Actualmente é adestrador asistente dos Minnesota Timberwolves. Con 1,91 metros de estatura, xogaba na posición de base.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Profesional[editar | editar a fonte]

Porter foi elixido no posto 24 do Draft da NBA de 1985 polos Portland Trail Blazers, onde xogou durante dez tempadas, e disputou dúas finais da NBA. Antes do comezo da tempada 1995-96, Porter asinou coma axente libre cos Minnesota Timberwolves, a quen axudou a clasificarse por primeira vez para os Playoffs na tempada 1996-97, e a conseguir a primeira tempada da historia da franquía con récord positivo ó seguinte ano.

Asinou cos Miami Heat antes da tempada 1998-99, e cos San Antonio Spurs antes da 1999-00. Retirouse tras a tempada 2001-02, sen ser traspasado ningunha vez na súa carreira na NBA. En 1.274 partidos, Porter acadou 12.2 puntos, 5.6 asistencias e 1.24 roubos, incluíndo dúas participacións no All-Star Game da NBA (1991, 1993), dúas Finais da NBA (1990, 1992) e 15.586 puntos na súa carreira.

O 16 de decembro de 2008, os Portland Trail Blazers retiraron o dorsal número 30 de Porter.[1]

Adestrador[editar | editar a fonte]

Na primeira tempada da súa etapa coma adestrador, Porter pasou a tempada 2002-03 coma adestrador asistente dos Sacramento Kings.

O 6 de agosto de 2003, foi contratado coma adestrador principal dos Milwaukee Bucks. Adestrou ós Bucks durante dous anos, antes de ser despedido durante a postempada de 2005. Tras unha tempada sen adestrar, fichou polos Detroit Pistons coma adestrador asistente para a tempada 2006-07.

O 9 de xuño de 2008, Porter foi contratado coma adestrador dos Phoenix Suns.[2] O 16 de febreiro de 2009, os Suns despediron a Porter tras 51 partidos.

O 6 de decembro de 2011, foi contratado coma adestrador asistente dos Minnesota Timberwolves.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]