Brócoli romanesco
Romanesco | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
O romanesco é a inflorescencia comestible da Brassica oleracea var. botrytis, unha variedade da especie Brassica oleracea á que pertencen tamén a coliflor, o brócoli, a col, o repolo ou a col de Bruxelas. É unha variedade verde de coliflor, da familia das brasicáceas, de forma singular. [1] Como todas as especies desta familia, é rico en nutrientes, vitamina C, fibra soluble, potasio, fósforo, ácido fólico e carotenoides. Consómese cocido ou ao vapor normalmente, inda que tamén se pode utilizar como verdura crúa, en ensalada.
É orixinario de Italia, máis precisamente de Roma. En 1834 o poeta italiano que escribía en romanesco Giuseppe Gioacchino Belli menciona esta verdura nun poema e de aí vén o seu nome.[2] Hai rexistros da súa utilización desde o século XVI, mais só nas últimas décadas veu sendo dispoñible e coñecido noutros países.
A súa forma xeométrica é moi decorativa, e a súa disposición espiralada é moi citada como exemplo de forma fractal na natureza, e ilustra as leis da filotaxia.A cantidade de inflorescencias do que se compón o brócoli romanesco é un número Fibonacci.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El romanesco". El Diario Montañes (en castelán). 1 de abril de 2017. Consultado o 15 de decembro de 2018.
- ↑ Gil, Francisco (1 de setembro de 2016). "Romanesco, la geometría del brécol y la coliflor". La Región (en castelán). Consultado o 15 de decembro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Brócoli romanesco |
- Clasificación do cultivar Arquivado 14 de outubro de 2008 en Wayback Machine. (en inglés)
- Comida fractal (en inglés)
- Abacaxi fractal (en inglés)
- Fractal dimensions of a green broccoli and a white cauliflower (Kim) (PDF)