Giuseppe Gioachino Belli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGiuseppe Gioachino Belli

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Giuseppe Francesco Antonio Maria Gioachino Raimondo Belli Editar o valor em Wikidata
7 de setembro de 1791 Editar o valor em Wikidata
Roma (Estados Pontificios) Editar o valor em Wikidata
Morte21 de decembro de 1863 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Roma (Reino de Italia) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Ictus Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCampo di Verano (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Italia (1861–1863) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana e Romanesco (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
ParentesJacopo Ferretti (consogro (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 92977631 Editar o valor em Wikidata
Monumento a Belli no barrio do Trastevere, en Roma.

Giuseppe Francesco Antonio Maria Gioachino Raimondo Belli, nado o 7 de setembro de 1791 e finado o 21 de decembro de 1863, foi un poeta romano, famoso polos seus sonetos en romanesco, o dialecto de Roma.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De familia modesta, queda ben cedo orfo de pai. Belli comezou a escribir grazas ó seu amigo o poeta Francesco Spada, inicialmente compón sonetos en lingua italiana. Foi secretario do príncipe Stanislao Poniatowsky, casou en 1816 cunha muller maior ca el pero cunha certa fortuna o que lle permitiu dedicar máis tempo á produción poética, viaxou polo norte de Italia, nese momento un fervedoiro intelectual moi diferente á Roma da época. En Milán entra en contacto coa poesía de tradición local, e sobre todo coa obra de Carlo Porta, que escribía na lingua local e que serviu de modelo para Belli. Os seus sonetos foron frecuentemente satíricos e anticlericais aínda que Belli era politicamente conservador e durante a rebelión da República Romana de 1849 defendeu os dereitos do papa. Durante os seus últimos anos traballou como censor para o goberno papal. En italiano escribiu gran número de composicións, destacando en especial as adaptacións de textos sacros.

Os sonetos[editar | editar a fonte]

I sonetti romaneschi, 1887

Belli é notable sobre todo pola produción de sonetos en dialecto romanesco, é unha poesía popular e vívida, onde o humor e a sátira xoga un papel importante, cun erotismo primitivo. Belli produciu 2279 sonetos, a maioría compostos entre 1830 e 1839, permanceron inéditos durante a súa vida, tan só amosados en recitais diante os seus amigos. En 1866 publicouse unha primeira escolma. Os seus sonetos son dun valor inestimable para coñecer a vida da época e tamén en termos lingüísticos a fala viva da época.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Edoardo Ripari, Giuseppe Gioacchino Belli, Liguori Editore Srl, 2008, ISBN 88-207-4258-6.
  • Stefania Luttazi, Marcello Teodonio, Lo Zibaldone di Giuseppe Gioachino Belli indici e strumenti di ricerca: indici e strumenti di ricerca, Centro studi Giuseppe Gioachino Belli, Aracne, 2004, ISBN 88-7999-988-5
  • Crescenzo Piattelli, Il Belli e gli ebrei. Ebraismo e cristianesimo: antiche e nuove divergenze, Bonaccorso, 2003, ISBN 88-7440-007-1
  • Filippo Coarelli, Belli e l'antico, L'ERMA di BRETSCHNEIDER, 2000, ISBN 88-8265-081-2
  • Marcello Teodonio, Vita Di Belli, Laterza, 1993, ISBN 88-420-4294-3
  • Marcello Teodonio, Roberto Vighi, La proverbiade romanesca di Giuseppe Gioachino Belli. Proverbi e forme proverbiali nei versi e nelle prose del poeta, Bulzoni, 1991, ISBN 88-7119-285-0
  • D. Abeni, Belli oltre frontiera: la fortuna di GG Belli nei saggi e nelle versioni di autori stranieri, Bonacci, 1983
  • M. T. Lanza, Porta e Belli, Laterza, 1976
  • G. Vaccaro, Vocabolario romanesco trilussiano e italiano-romanesco: Etimologico, lessicale, grammaticale, …, Romana libri alfabeto, 1971
  • Salvatore Rebecchini, Giuseppe Gioachino Belli e le sue dimore, Roma, Palombi, 1970
  • C. Vili, Giuseppe Gioacchino Belli. La Letteratura italiana: Storia e testi, Laterza, 1970
  • Eurialo De Michelis, Approcci al Belli, Ist. Nazionale di studi romani ed. 1969
  • G. Vaccaro, Vocabolario romanesco belliano e italiano-romanesco, Romana Libri Alfabeto, 1969
  • C. Muscetta, Cultura e poesia di Giuseppe Gioachino Belli, Feltrinelli, 1961

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]