Brumado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 14°12′14″S 41°39′54″O / -14.20389, -41.66500

Brumado
Brumado-bahia - panoramio - Roberto de vasconcel… (2).jpg
Brasão bdo.jpg
Brumado.jpg
Vista de Brumado.
Localización
Brumado en Brasil
Brumado
Brumado
PaísFlag of Brazil.svg Brasil
RexiónNordeste
EstadoBandeira da Bahia.svg Estado da Bahia
Xeografía
Altitude455 msnm
Sup. área urbana2 174 km²
Demografía
Poboación69 473 (2016)
Densidade30,0 hab/km²
Pob. área urbana(2010)
XentilicioBrumadense
Outros datos
Código postal46100-000
AlcaldeEduardo Vasconcelos (2017—2020)
Páxina oficial

Brumado é un concello brasileiro no estado da Baía, na rexión Nordeste do País, a 555 quilómetros da capital estatal, Salvador. A súa área territorial é de 2 207,612 quilómetros cadrados, ocupando 2 174 quilómetros cadrados, e atópase a unha altitude de 454 metros.[1]

A cidade é coñecida como a "Capital do Minério" por posuír no seu subsolo unha gran cantidade de minerais, que son a base da súa economía, e por acoller grandes empresas de minería que realizan as súas actividades extrativistas na Serra das Éguas, que por certo, tamén é un dos puntos turísticos do municipio, por formar paisaxes montañosas.[2]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Brumado ten como concellos limítrofes Livramento de Nossa Senhora, Dom Basílio, Aracatu, Rio de Contas, Malhada de Pedras, Tanhaçu, Ituaçu, Rio do Antônio, Lagoa Real e Caraíbas.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Brumado". Consultado o 27 de xaneiro de 2017. 
  2. "Magnesita" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de decembro de 2015. Consultado o 27 de xaneiro de 2017. 
  3. "Aspectos gerais". Consultado o 27 de xaneiro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]