Un brownie (literalmente ‘marronciño’), é unha porción cadrada ou rectangular de biscoito de chocolate, orixinario dos Estados Unidos, elaborado sen lévedo e que pode levar froitos secos[1]. Hoxe é común atopalo en restaurantes americanos en Galicia, tamén elaborado de forma caseira.
Hai tres mitos principais sobre a creación do brownie. O primeiro, que un xefe de cociña engadiu accidentalmente o chocolate derretido á masa de galleta. O segundo, que un cociñeiro esqueceuse de engadir fariña á masa. E en terceiro lugar, a crenza máis popular, que unha ama de casa non tiña lévedo e improvisou con este novo tratamento; disque estaba a enfornar para os hóspedes e decidiu servirlles estas tortas chatas.
Os brownies adoitan servirse quentes cunha bóla xeado de vainilla, ás veces nata batida, especialmente coma sobremesa. Hai moitas receitas e variantes deste doce, incluída, entre outras, a vegana.