Illa Brava
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/32/Brava-88-0556.jpg/300px-Brava-88-0556.jpg)
Coordenadas: 14°51′N 24°43′O / 14.850, -24.717
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/87/Locator_map_of_Brava%2C_Cape_Verde.png/220px-Locator_map_of_Brava%2C_Cape_Verde.png)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cd/Bela-vista-net-Brava-map.jpg/220px-Bela-vista-net-Brava-map.jpg)
Brava é unha illa e concello do Sotavento de Cabo Verde. A súa maior poboación é a vila de Nova Sintra. O único concello da illa ten cerca de sete mil habitantes. Con 67 km², Brava é a menor das illas habitadas de Cabo Verde, e ten unha densidade de poboación de 101,49/km².
A illa ten unha escola, un instituto, unha igrexa e unha praza, a Praça Eugénio Tavares.
Nome[editar | editar a fonte]
Cando a illa foi descuberta, déronlle o nome de S. João, mais tempo despois o nome foi alterado debido ao aspecto florido que a illa tiña. Foille dado o nome "Brava", que como adxectivo, o nome da illa, ao contrario das outras todas do Sotavento, non vén rexido da preposición "de", como é o caso de substantivos — nomes de cousas (Fogo, Maio, Sal) ou nomes de Santos (São Nicolau, Santa Luzia, São Vicente etc.). O mesmo pasa en crioulo onde existe tamén esa diferenza, dise Dja d' Sal, Dja r' Mai', Dja di Santiagu, Dja r' Fogu, mais nunca Dja di Braba, é sempre Dja Braba.
Zonas[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3e/Vila_Nova_Sintra.jpg/300px-Vila_Nova_Sintra.jpg)
- Cachaço
- Campo Baixo
- Cova Joana
- Cova Rodela
- Fajã de Água
- Furna
- Lime Doce
- Mato Grande
- Nova Senhora do Monte
- Santa Bárbara
- Tantum
- Vila Nova Sintra
Xeografía[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/92/Brava-88-0557.jpg/300px-Brava-88-0557.jpg)
Trátase dun estratovolcán. Ao norte da Brava fican os Illotes Secos ou do Rombo.
|
|
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Brava |