Bran (nome)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bran é un nome propio de varón de orixe celta-galaica.[1] O seu significado provén do galés-celta Bran "corvo".[1] O nome coincide cun topónimo galego do concello de Santiso (Bran, Niñodaguia) e outro do concello de Oroso (Bran, Os Ánxeles), mais estes topónimos teñen orixe nun nome masculino medieval de orixe xermánica, Bera, procedente dunha raíz xermánica *bera(n) "oso", *baira "xabarín" ou beran "traer, levar".

No 2021, había 91 persoas con este nome en España.[2] A media de idade das persoas que levan este nome é de 12,4 anos.

Lenda[editar | editar a fonte]

Segundo a mitoloxía galesa, Bran era fillo da deusa do mar Llyr.[3][4] Bran foi un afouto navegante nos mares do norte do Atlántico que foi cristianizado como san Brandán.[1]

Bran na ficción[editar | editar a fonte]

Na literatura galega[editar | editar a fonte]

Como personaxe da mitoloxía celta, Bran tamén foi protagonista en obras galegas sobre a materia de Bretaña. Aparece no poema de Álvaro Cunqueiro, “Os oficios de Bran”, publicado en Herba de aquí e de acolá (1980). Bran tamén aparece na historia “Fría Hortensia” (1982) de Xosé Luís Méndez Ferrín. Por outra parte, Darío Xohán Cabana usou este personaxe no seu soneto “Bran que era deus”, contido en Patria do mar (1989).[1]

Na saga A Song of Ice and Fire[editar | editar a fonte]

Bran tamén é o nome dun personaxe creado polo estadounidense George R. R. Martin para a súa saga A Song of Ice and Fire,[5] a cal foi adaptada na serie de televisión Game of Thrones.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 academia.gal (ed.). "Bran na Guía de nomes galegos da Real Academia Galega". Consultado o 23 de decembro de 2022. 
  2. Fonte do Instituto Nacional de Estadística - https://www.ine.es/widgets/nombApell/index.shtml
  3. Cotterell, Arthur (2006). The Encyclopedia of Mythology. Anness Publishing Ltd. p. 107. 
  4. Monaghan, Patricia (2004). The Encyclopedia of Celtic Mythology and Folklore. Facts on File, Inc. pp. 55. ISBN 0-8160-4524-0. 
  5. Gilmore, Mikal (23 de abril de 2014). "George R.R. Martin: The Rolling Stone Interview". Rolling Stone. Consultado o 28 de novembro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]