Boys Don't Cry (filme)
Boys Don't Cry | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Boys Don't Cry |
Director | Kimberly Peirce |
Produtor | John Hart Eva Kolodner Jeff Sharp Christine Vachon |
Guión | Kimberly Peirce Andy Bienen |
Intérpretes | Hilary Swank Chloë Sevigny Peter Sarsgaard Brendan Sexton III Alicia Goranson Jeanetta Arnette Alison Folland Matt McGrath |
Música | Nathan Larson |
Fotografía | Jim Denault |
Montaxe | Tracy Granger Lee Percy |
Estudio | Fox Searchlight Pictures The Independent Film Channel Productions Killer Films Hart-Sharp Entertainment |
Distribuidora | Fox Searchlight Pictures |
Estrea | 1999 |
Duración | 118 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama e romance |
Orzamento | US$2 000 000 |
Na rede | |
http://www.foxsearchlight.com/boysdontcry/ | |
Boys Don't Cry é un filme estadounidense de 1999 dirixido por Kimberly Peirce e protagonizado por Hilary Swank e Chloë Sevigny. É unha produción de cine independente, baseada na historia real de Brandon Teena, un mozo transexual que foi violado e asasinado o 31 de decembro de 1993 polos seus amigos masculinos cando descubriron que tiña xenitais femininos (naceu bioloxicamente como muller, pero vivía como home).
Recibiu boas críticas positivas, especialmente polas actuacións de Swank e Sevigny, e foi un éxito de portelo considerando o seu baixo orzamento e a produción independente. Tamén obtivo numerosos premios.
Está ambientada en Lincoln e Falls City, ambas en Nebraska, aínda que foi rodada en Greenville, Texas, unha pequena cidade unhas 45 millas ao noroeste de Dallas.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Hilary Swank como Teena Brandon
- Chloë Sevigny como Lana Tisdel
- Peter Sarsgaard como John Lotter
- Brendan Sexton III como Tom Nissen
- Alicia Goranson como Candace
- Jeanetta Arnette como Juliet Tisdel, a nai de Lana
- Alison Folland como Kate
- Matt McGrath como Lonny
- Rob Campbell como Brian
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Oscar 2000 (EUA)
- Venceu na categoría de mellor actriz (Hillary Swank).
- Candidata na categoría de mellor actriz secundaria (Chloë Sevigny).
Globo de Ouro 2000 (EUA)
- Venceu na categoría de mellor actriz (Hillary Swank).
BAFTA 2001 (Reino Unido)
- Candidata na categoría de mellor actriz (Hillary Swank).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ British Board of Film Classification, ed. (9 de novembro de 1999). "BOYS DON'T CRY (18)". Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2015. Consultado o 14 de novembro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Boys Don't Cry na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)