Boyan Slat
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de xullo de 1995 (29 anos) Delft, Países Baixos |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino dos Países Baixos |
Educación | Universidade Técnica de Delft |
Actividade | |
Ocupación | emprendedor , ecoloxista , inventor |
Lingua | Lingua neerlandesa e lingua inglesa |
Premios
| |
Páxina web | boyanslat.com |
Boyan Slat, nado en Delft o 27 de xullo de 1994,[1][2] é un inventor e emprendedor neerlandés. É estudante de Enxeñaría Aeroespacial.[3][4] Os seus pais son croatas da rexión de Istria.[5][6]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Slat creou proxectos de enxeñaría e construción dende que tiña 2 anos. Á idade de 14 anos, conseguiu un récord Guinness cando lanzou 213 foguetes de auga de xeito simultáneo.[7][8]
Interese na contamiación dos plásticos
[editar | editar a fonte]En 2011, cando tiña 16 anos, Slat atopou máis plásticos que peixes durante unha sesión de mergullo en Grecia. Consagrou un proxecto do instituto para investigar en profundidade a contaminación que o plástico xeraba nos océanos e por qué se consideraba imposible limpialo. Tempo despois, xurdiu a idea de construír un sistema pasivo que empregase as correntes mariñas ó seu favor. Presentou o proxecto durante un faladoiro TED en Delft en 2012.[9][10]
Slat abandonou os seus estudos en Enxeñaría Aeroespacial na Universidade de Tecnoloxía de Delft para investir todo o seu tempo no desenvolvemento do seu novo proxecto. Fundou The Ocean Cleanup en 2013, e pouco despois, a súa conferencia en TED converteuse nun fenómeno viral.
"A tecnoloxía é o axente máis potente de cambio. É un amplificador das nosas capacidades humanas", dixo Slat para The Economist.
The Ocean Cleanup
[editar | editar a fonte]En 2013, Slat fundou a entidade sen ánimo de lucro chamada The Ocean Cleanup, da que é agora CEO.[11] O obxectivo de The Ocean Cleanup é desenvolver tecnoloxía avanzada que axude a eliminar os plásticos do océano.[12] Logo da súa fundación, The Ocean Cleanup conseguiu 2,2 millóns de dólares a través dunha campaña de financiamento colectivo na que colaboraron 38 000 doantes de 160 países.[13] En xuño de 2014, The Ocean Cleanup publicou un estudo de viabilidade composto de 528 páxinas sobre o potencial do proxecto.[14]
Dende os comezos de The Ocean Cleanup, a organización conseguiu 31,5 millóns de euros en doazóns de emprendedores en Europa e en Silicon Valley, incluíndo a Marc Benioff, CEO de Salesforce. Boyan Slat estima que, coa creación de novos deseños e cuns custos mínimos, nun prazo de 5 anos limparase por completo a illa de lixo do Pacífico.[15] O proxecto comezará a mediados de 2018 coa instalación dun dos sistemas e progresivamente iranse engadindo o resto dos sistemas até que se acade a implantación completa en 2020.[15]
Galardóns e recoñecementos
[editar | editar a fonte]En novembro de 2014, Slat foi galardoado polo Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente co premio Campións do Planeta. En 2015, o rei Harald V de Noruega concedeule o premio de mozos emprendedores. Forbes incluíu a Slat na súa lista de 206 de 30 mozos menores de 30 anos. Slat foi escollido como Thiel Fellow (membro de Thiel). O programa comezou en 2011 grazas a Peter Thiel, investidor e cofundador de Paypal. Concede 100.000$ a emprendedores menores de 22 anos que pospoñen os seus estudos para traballar na súa nova empresa. En febreiro de 2017, Reader's Digest sinalou a Boyan Slat como Europeo do Ano.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Finger, Tobias (24 de xuño de 2014). WiWo Green, ed. "The Ocean Cleanup – Dieser Student will die Weltmeere vom Plastikmüll befreien" (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 24 de abril de 2018.
- ↑ Winter, Caroline (16 de setembro de 2014). Bloomberg Businessweek, ed. "This Dutch Wunderkind Now Has the Funds to Build His Ocean Cleanup Machine".
- ↑ Pabst, Josephine (24 de outubro de 2014). "Idee eines 20-Jährigen könnte die Ozeane entmüllen". Die Welt (en alemán).
- ↑ "Boyan Slat". Boyan Slat combines environmentalism, creativity and technology to tackle global issues of sustainability. Consultado o 24 de xullo de 2017.
- ↑ jutarnji.hr (ed.). "HRVAT KOJI ČISTI OCEANE Moj tata živi u Istri, a ja sam s ušteđevinom od 200 € ostvario san" (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2017.
- ↑ "Nizozemac hrvatskog podrijetla izumio sustav koji elimira plastični otpad iz mora". www.monitor.hr. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2017. Consultado o 13 de abril de 2017.
- ↑ CNBC.com, Susan Caminiti, special to (22 de abril de 2017). "Thiel, Benioff backing 22-year-old's dream to clean up world's oceans". Consultado o 24 de xullo de 2017.
- ↑ Venema, Vibeke (17 de outubro de 2014). BBC News, ed. "The Dutch boy mopping up a sea of plastic" (en inglés). Consultado o 24 de xullo de 2017.
- ↑ www.theoceancleanup.com, The Ocean Cleanup,. "How it all began". The Ocean Cleanup (en inglés). Consultado o 6 de xuño de 2017.
- ↑ TEDx Talks (24 de outubro de 2012). "How the oceans can clean themselves: Boyan Slat at TEDxDelft". Consultado o 6 de xuño de 2017.
- ↑ www.theoceancleanup.com, The Ocean Cleanup. "About". The Ocean Cleanup (en inglés). Consultado o 24 de xullo de 2017.
- ↑ www.theoceancleanup.com, The Ocean Cleanup. "About". The Ocean Cleanup (en inglés). Consultado o 6 de xuño de 2017.
- ↑ www.theoceancleanup.com, The Ocean Cleanup. "Crowd Funding Campaign". The Ocean Cleanup (en inglés). Consultado o 6 de xuño de 2017.
- ↑ Slat, Boyan (xuño de 2014). "How the oceans can clean themselves: a feasibility study" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de abril de 2018. Consultado o 24 de abril de 2018. É unha versión 2.0 do estudo.
- ↑ 15,0 15,1 creativinn.com, Creativinn. "Making the Planet Blue again: Boyan Slat's creative solution to clean up our oceans". CreativInn.com (en inglés). Consultado o 7 de agosto de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)