Concello de Borgholm

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Borgholm (municipio)»)
Modelo:Xeografía políticaConcello de Borgholm
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 56°52′41″N 16°39′42″L / 56.8781, 16.6617Coordenadas: 56°52′41″N 16°39′42″L / 56.8781, 16.6617
EstadoSuecia
Condadocondado de Kalmar Editar o valor em Wikidata
CapitalBorgholm (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación10.748 (2023) Editar o valor em Wikidata (2,94 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Öland (pt) Traducir
Q61388062 Traducir (1982–)
Q10593609 Traducir (–1982) Editar o valor em Wikidata
Superficie3.658,7 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude5 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación 1 de xaneiro de 1971:  (Reforma municipal sueca de 1971) Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webborgholm.se Editar o valor em Wikidata
Facebook: borgholmskommun Instagram: borgholmskommun LinkedIn: borgholms-kommun Youtube: UC3Ym4AbJn0gT80N1FzzbUUA Editar o valor em Wikidata

Borgholm é un municipio sueco (kommun) do condado de Kalmar.[1] O concello comprende a metade norte da illa de Öland. A súa capital é Borgholm.

A illa está composta de pedra calcárea e hai tanto rauks en zonas de costa con cantís erosionados, como praias de cantos rolados. O turismo, así como as actividades comerciales, hoteleiras e de restaurantes dominan a vida empresarial local.

A poboación medrou lixeiramente ata mediados dos nos 90 e posteriormente baixou un pouco.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Topografía e hidrografía[editar | editar a fonte]

A paisaxe descende suavemente cara ao leste, estando os seus puntos máis altos ao redor de Kalmarsund no oeste. Sobre a pedra calcárea hai unha fina capa de terra. No sur de Öland atópase o tipo de terreo coñecido como alvar que caracteriza á illa, aínda que tamén hai algunhas zonas de alvar en Borgholm. As ribeiras do concello teñen tanto rauks en zonas de cantís erosionados como praias de cantos rolados. Bödabukten é a zona máis grande onde aparecen estes tipos de praias. Alí está tamén as pendentes de Bölinge, que é un gran campo de dunas cuberto de maleza. Os campos de Neptuni son unha praia de cantos rolados que se formaron en relación co levantamento da terra e xa foi descrito por Linneo.[1]

Conservación natural[editar | editar a fonte]

No ano 2022 había 41 reservas naturais no municipio de Borgholm.[2] En 1935 engadíuse a reserva dos rauks de Byrum, que é o único campo de rauks de Öland.[3] O ecoparque de Böda atópase no nordés do concello e inclúe unha das áreas naturais máis visitadas da illa, a reserva de Trollskogen. Alí hai carballos que teñen varios centos de anos e prosperan varias especies ameazadas.[4] Ademais, hai grandes áreas que están clasificadas como áreas Natura 2000.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-12. 
  2. "Naturreservat". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-09-09. 
  3. "Byrums raukar". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-09-09. 
  4. "Trollskogen". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-09-09. 
  5. "Natur och allemansrätt på Öland". Borgholms kommun (en sueco). Consultado o 2022-09-09.